Boa arco da vella
Boa arco da vella | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Epicrates cenchria | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Epicrates cenchria' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A boa arco da vella[1] (Epicrates cenchria) é unha especie de boa terrestre distribuída por América Central e América do Sur. É chamada así polo resplandor iridescente do seu corpo cando está exposto á luz do sol.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten o dorso pardo-avermellado con manchas negras e o ventre amarelado. A súa dentición é áglifa e por tanto non é pezoñenta. Pode chegar a medir máis de 2 m de longo e vivir máis de 25 anos. É tímida e nocturna e vive en ríos, regatos, lagos e pantanos onde se alimenta de pequenos roedores, lagartos e aves. É unha especie vivípara.
A pesar de requirir unhas condicións de humidade e calor moi específicas, esta especie é bastante común, debido á súa beleza, no mercado dos animais de compaña. Durante os anos 80 e o comezo dos 90, eran exportadas en número considerable desde Suriname. Hoxe, polo contrario, poucas das que se ofrecen á venda proceden da exportación, e a maioría foron criadas en catividade.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie encóntrase no Panamá, en Colombia, en Venezuela, en Trinidad e Tobago, Güiana, no Brasil, no Perú, en Bolivia, no Paraguai e na Arxentina[3].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]As subespecies distínguense entre si polas pintas na pel e pola rexión de orixe. É raro encontrar dúas especies no mesmo hábitat. Passos & Fernandes (2008) sostiveron que algunhas destas subespecies eran sinónimos e elevaron outras ao rango de especies.[4].
- E. c. alvarezi
- E. c. assisi
- E. c. barbouri
- E. c. cenchria
- E. c. crassus
- E. c. maurus
- E. c. polylepis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 629. ISBN 84-95335-45-X
- ↑ Brazilian Rainbow Boa en Smithsonian National Zoological Park. Consultado o 12 de novembro de 2008.
- ↑ ReptileDB especie|Epicrates|cenchria|(Linnaeus, 1758)|Consultado o 2 de maio de 2014
- ↑ Passos & Fernandes (2008):Revision of the Epicrates cenchria Complex (Serpentes: Boidae). Herpetological Monographs, vol. 22, n°1, p. 1-30 (texto íntegro Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boa arco da vella |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Boa arco da vella |