Blue Dragon (serie de anime)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Blue Dragon é un anime adaptado do videoxogo do mesmo nome, dirixido polo Yukihiro Matsushita e animado polos Estudios Pierrot.

O anime lanzouse ó ar o 7 de abril do 2007 (no Xapón) con diferentes actores de dobraxe no que o videoxogo. En Galiza, a serie de debuxos animados fixo a súa estrea na canle TVG o 17 de outubro do 2009.

Trama[editar | editar a fonte]

A historia de Blue Dragon comeza moito tempo atrás, cando tivo lugar unha gran batalla entre a luz e a escuridade. Cada unha delas posuía gran poder, sobre todo a sombra. Con gran coraxe, os Sete Soldados da Luz derrotaron as forzas da escuridade e afastaron o seu poder para sempre. Pero agora o poder da sombra rexorde, combinando a súa forza co poder das máquinas. Blue Dragon baséase nun videoxogo co mesmo nome para Xbox 360. O protagonista desta grande historia é un mozo chamado Shu, que ten por sombra a un dragón azul, que repite os movementos que o rapaz realiza. Cheo de curiosidade por descubrir o significado deste dragón que o segue a todas partes, Shu emprende unha viaxe para atopar respostas ás súas preguntas. No camiño atoparase con outros que comparten a súa sombra particular, pero representando criaturas diferentes, como un tigre ou un morcego. Estas criaturas danlles poderes ós seus acompañantes, o cal espertará aínda máis a súa curiosidade e ganas por descubrir a orixe deste misterio.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Voces xaponesas Voces galegas
Shu Keiko Nemoto Daniel Lema
Zola Romi Paku Nora Abad
Kluke Erino Hazuki Consuelo Díaz
Jiro Daisuke Namikawa Oscar Fernández
Marumaro Sakiko Uran Isabel Vallejo
Bouquet Saki Nakajima Montserrat Davila
Blue Dragon Masaya Takatsuka Luís Iglesia
Nene Shiro Saito César Cambiero
Logi Kentarou Itou Andrés Bellas
Legolas Ken'yū Horiuchi
Delphinium Akiko Kimura Carolina Vázquez
Noi Teresa Santamaría

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]