Bloomfield Stadium
Aparencia
| Bloomfield Stadium אצטדיון בלומפילד | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tel Aviv | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Deporte
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Bloomfield Stadium (en hebreo: אצטדיון בלומפילד) é un campo de fútbol situado na cidade de Tel Aviv, no distrito de Tel Aviv, Israel. É a casa do Hapoel Tel Aviv, do Bnei Yehuda Tel Aviv e do Maccabi Tel Aviv.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Bloomfield Stadium foi construído onde se atopaba o antigo estadio do Hapoel Tel Aviv dende 1950, o Basa Stadium. O estadio abriu oficialmente o 13 de decembro de 1962 cun partido amigábel entre o Hapoel Tel Aviv e o Sportclub Enschede neerlandés. No ano 2000, o Maccabi Tel Aviv, rival do Hapoel, trasladouse tamén ó Bloomfield Stadium. En 2004, o Bnei Yehuda Tel Aviv trasladouse tamén ó Bloomfield, facendo deste o único estadio nas tres divisións superiores de fútbol de Israel en ter tres ocupantes.
