Blessthefall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blessthefall
Blessthefall live at Warped Tour 2012.jpg
Blessthefall no Warped Tour 2012.
OrixePhoenix (Arizona), Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período2003 - presente
Xénero(s)metalcore, hardcore cristián, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Fearless, Ferret, Science
MembrosJared Warth
Matt Traynor
Eric Lambert
Beau Bokan
Elliott Gruenberg
Antigos membrosMichael Frisby
Craig Mabbitt
Miles Bergsma
Páxina webblessthefallmusic.com

Blessthefall (BTF) é unha banda norteamericana de post-hardcore e metalcore de Phoenix (Arizona), que actualmente ten asinado un contrato con Fearless Records. Foi fundada no ano 2003 polo guitarrista Mike Frisby, o batería Matt Traynor e o baixista Jared Warth. O seu primeiro álbum, His Last Walk, co vocalista orixinal Craig Mabbitt, saíu á venda o 10 de abril de 2007. O segundo, Witness, co vocalista actual Beau Bokan, saíu á venda o 6 de outubro de 2009. O terceiro, Awakening, saíu á venda o 4 de outubro de 2011.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes e His Last Walk (2003–2007)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: His Last Walk.

Blessthefall foi crecendo a partir dos ensaios no instituto dos guitarristas Mike Frisby e Miles Bergsma, o batería Matt Traynor, o baixista e vocalista Jared Warth, e despois, o vocalista Craig Mabbitt. Despois de que o membro fundador Miles Bergsma deixase de asistir á Universidade de música de Berklee en Boston, lanzaron un EP composto por tres cancións a mediados de 2005 e engadiron o guitarrista Eric Lambert para formaren o seu primeiro grupo sólido. Despois, o grupo foi de xira con Alesana e Norma Jean polos Estados Unidos e Canadá. O seu primeiro álbum, His Last Walk, saíu á venda o 10 de abril de 2007. O grupo completou en 2007 o circuíto Warped Tour por todo o país.

Blessthefall saíu de xira con Escape the Fate, LoveHateHero, Before Their Eyes, e Dance Gavin Dance na xira Black On Black durante setembro e outubro de 2007, eles tamén pertencían ao Underground Operations Tour And Loathing Tour 2007, aberto por Protest The Hero e All That Remains, con outros grupos, Threat Signal and the Holly Springs Disaster, e formaron parte da xira From First to Last's fall, comezando o 1 de novembro con A Skylit Drive e Vanna.

Saída de Mabbitt e entrada de Bokan (2008–2009)[editar | editar a fonte]

Mentres estaban na súa primeira xira europea (con Silverstein) a finais de 2007, Craig Mabbitt deixa o grupo no Reino Unido para pasar máis tempo coa súa filla, cuxa infancia sentiu que estaba perdendo. Ata o final da xira, Jared Warth foi o vocalista mentres tocaba o baixo. Cando despois Mabbitt intentou volver a Blessthefall, o resto dos membros preferiron seguir sen el. O 15 de decembro de 2007 Blessthefall posteou un blog no seu MySpace anunciando a despedida de Mabbitt mentres Mabbitt posteou outro no seu MySpace persoal expresando os seus desexos de volver ao grupo. A pesar da partida, Mabbitt e Blessthefall continuaron sendo bos amigos.

Despois da xira europea, Blessthefall decidiron buscar un baixista temporal para que Jared Warth se puidese concentrar nos vocais. Aiden Louis, vocalista de Dear Whoever, uniuse ao grupo para ser baixista e vocalista. Esta foi a nova formación para o Taste of Chaos 2008.

A principios de 2008, Blessthefall lanzou un novo vídeo coa canción "Rise Up" do álbum His Last Walk. O vídeo (dirixido por Travis Kopach) foi o primeiro que non incluía a Mabbitt.

Un día Mabbitt recibiu unha chamada do manager de Blessthefall pedíndolle que volvese ao grupo, pero el non aceptou.

Pouco despois, o 26 de setembro de 2008, o grupo anunciou que Beau Bokan era o novo vocalista principal. Era o membro fundador do grupo Take the Crown, un grupo que lanzou un EP e un álbum completo pero que fracasou por falta de xestión.

Witness (2009–2010)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Witness (Blessthefall album).

En febreiro de 2009, o grupo anunciou no seu MySpace que comezarían a gravación en estudio do seu segundo álbum en maio, despois da xira con Silverstein, Norma Jean e Before Their Eyes. O 13 de maio o grupo anunciou que asinaran un contrato con Fearless Records.

O 3 de xuño, o grupo anunciou que xa acabaran oficialmente de gravar o álbum e que sairía á venda en navidades. Ao comezar a súa xira con August Burns Red e Enter Shikari, anunciaron que o álbum se chamaría Witness. En xullo, Blessthefall subiu ao MySpace un anaco dunha canción titulada "God Wears Gucci", lanzada en iTunes o 11 de agosto do 2009. En setembro, o grupo subiu outra canción á súa páxina, titulada "What's Left of Me". O álbum lanzouse o 8 de outubro de 2009.

En xuño de 2010 Blessthefall foi de xira por Nova Zelandia na compañía de Saosin, e por Australia con Story of the Year e Saosin. Blessthefall tocou en Auckland, Sydney, Melbourne, Brisbane e Adelaide.

Despois do lanzamento de Witness, o grupo fixo a xira Atticus Fall con Finch, Drop Dead, Gorgeous e Vanna desde o 10 de outubro ata o 19 de novembro. Outros grupos incluídos na xira foron Of Mice & Men e Let’s Get It.

En outubro de 2009, o grupo anunciou en YouTube que estaba traballando nun vídeo musical, "What's Left of Me", que se lanzou o 14 de decembro en MySpace Metal.

O 26 de xaneiro de 2010 Greeley Estates lanzou No Rain, No Rainbow, coa participacion dos vocalistas de Blessthefall Beau Bokan e Jared Warth. O álbum tamén contaba coa participación de vocalistas de Escape the Fate e Craig Mabbitt.

A súa canción "To Hell and Back," do álbum Witness, apareceu na banda sonora de Tom Clancy's Splinter Cell: Conviction de Ubisoft. O tráiler do videoxogo lanzouse o 9 de abril de 2010.

Sacaron un vídeo musical da canción "To Hell and Back" o 21 de xullo de 2010, e estaban traballando no vídeo "Hey Baby, Here's That Song You Wanted", confirmado a través do seu Twitter. O grupo fixo un concurso para ver quen facía o mellor vídeo fan-made para incluílo no vídeo final.

O vídeo musical de "Hey Baby, Here's That Song You Wanted" saíu o 4 de novembro de 2010, e é unha curtametraxe dirixida por Chris Marrs Piliero, parodia da comedia de 2009 Resacón.

Awakening (2011–2012)[editar | editar a fonte]

O 15 de febreiro de 2011 o grupo anunciou que Mike Frisby deixaba a banda. Elliott Gruenberg, pertencente a Legacy, entra como guitarrista.

Bokan confirmou que Blessthefall non tocaría no Warped Tour 2011, pero que gravarían o seu terceiro álbum. A gravación comezou en Orlando, Florida o 17 de maio de 2011. Michael "Elvis" Baskette, produtor do seu álbum previo, tamén produciría este.

O título do álbum, Awakening, carátula e lista de cancións foron anunciados o 21 de xullo. Sacaron a canción "Bottomfeeder" o 4 de agosto e o primeiro sinxelo do álbum, "Promised Ones", saíu o 16 de agosto; o segundo, "40 Days...", o 15 de setembro.

Blessthefall xuntouse con Emmure, Alesana, Motionless in White e outros grupos na xira All Stars Tour 2011.

Sacaron o vídeo musical oficial de "Promised Ones" o 11 de novembro de 2011, que comeza coa canción introdutoria do álbum titulada Awakening. O vídeo trata sobre os membros do grupo preparándose para unha guerra.

Segundo unha entrevista con Lambert e Bokan, Blessthefall planea entra no estudio en febreiro para gravar un EP con Tim Lambesis de As I Lay Dying. Despois confirmouse por Matt Traynor que non era verdade.

Cuarto álbum (2012–actualidade)[editar | editar a fonte]

En 2012 o grupo compuxo o seu cuarto álbum.

O 14 de novembro, a través dunha entrevista con NME, confirmouse que Beau Bokan será presentado na canción "Live Or Life" no novo álbum de Bring Me the Horizon, Sempiternal.

Discografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discografía Blessthefall.
Álbum Ano Selo
His Last Walk 2007 Science
Witness 2009 Fearless Records
Awakening 2011 Fearless Records
Hollow Bodies 2013 Fearless Records
To Those Left Behind 2015 Fearless Records

Membros do grupo[editar | editar a fonte]

Membros actuais
  • Beau Bokan – vocalista principal (2008–actualidade)
  • Elliott Gruenberg – guitarra secundaria (2011–actualidade)
  • Eric Lambert – guitarra principal, vocalista de fondo (2005–actualidade)
  • Matt Traynor – batería (2003–actualidade)
  • Jared Warth – baixo (2003–actualidade)
Membros fundadores
  • Michael Frisby – guitarra secundaria (2003–2011)
  • Craig Mabbitt – vocalista principal (2003–2008)
  • Miles Bergsma – guitarra principal (2003–2005)
Membros da xira
  • Aiden Louis – baixo, vocalista de fondo (2007–2008)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]