Blenheim Reef
Blenheim Reef | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | Reino Unido |
Illa principal | East Island |
Linguas | Inglés |
Poboación (2012) | Deshabitado |
Superficie | 0,2 km² |
Superficie lagoa | 8,5 km² |
Nº de illas | 4 |
Coordenadas | Coordenadas: 5°12′00″S 72°28′00″L / -5.2, 72.466666666667 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
O Blenheim Reef é unha parte mergullada da estrutura dun atol do Arquipélago Chagos, no Océano Índico. Inclúe a o arrecife de coral do Baxío Predassa no bordo sueste, ademais doutra parte totalmente mergullada. Atópase na parte nordeste do arquipélago de Chagos. Mide case once quilómetros (norte-sur) por máis de catro quilómetros (leste-oeste), cunha superficie total de 36´8 quilómetros cadrados, incluíndo a lagoa de 8´5 km², a diferenza explicase pola parte do arrecife plano. Só no lado leste, hai unha area de caios por encima da auga. O maior deles é East Island, que non chega a 200 metros de longo por 70 metros de ancho. As outras illas do grupo son a Norte, Central e Sur. Só crecen algunhas herbas na illa. A lagoa ten ata 18 metros de profundidade e cobrecargada de rochas. O bordo do arrecife de coral ten un paso amplo no suroeste. A terra máis próxima é a illa Takamaka no atol Salomon Islands, a uns 20 quilómetros ao suroeste.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Crese que o atol foi descuberto ao redor de 1570 por mariñeiros Portugueses, polo que tamén se lle coñece polo seu nome portugués Baxío Predassa (unha corrupción de Baixo Predassa). O nome actual provén da nave Blenheim da Compañía Británica das Indias Orientais, que se perdeu no arrecife en 1799.
De 1845 a 1860, extrouxeronse guano e fosfato. Esta empresa foi abandonada debido á insuficiencia dos medios de transporte. Ao redor de 1880, a Indian Ocean Fruit Company intentou plantar palmeiras na illa, pero todas as plántulas foron arrastrados cara ao mar durante unha tormenta. O 29 de xuño de 1975, o atol foi incorporado ao Arquipélago Chagos e reclamado por Mauricio. Antes dese día, non fora reclamado por ningunha nación.
En total, producíronse 57 naufraxios ao redor de Blenheim Reef, cunhas perdas estimadas de 200 vidas.
Illas[editar | editar a fonte]
O Baxío Predassa é o nome dado ás illas que emerxen no bordo oriental do arrecife. No primeiro estudo realizado por Robert Moresby, había moitas illas máis no Baxio Predassa. Estas, erosionaronse ou mergullaronse e só quedan catro illotes. O grupo actualmente está formado por:
- Ile Du Nord, a illa situada máis ao norte
- Ile Du Milieu, rodeada por un arrecife
- Ile De L'est, a illa máis grande e a illa máis oriental do atol. A illa só crecen herbas, aínda que anos atrás fracasou o intento de plantar palmeiras na illa.
- Ile Du Sud, o illote máis pequeno e máis ao sur. É sen vegetación e sen importancia
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ British Admiralty nautical chart 11000030 - 3 Chagos Archipelago, Scale 1:360 000
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]