Blanca García Fernández-Albalat
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1959 A Coruña |
| Morte | 30 de agosto de 2025 A Coruña |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Coímbra |
| Director de tese | Xosé Carlos Bermejo Barrera |
| Actividade | |
| Ocupación | historiadora |
| Membro de | |
María Blanca García Fernández-Albalat, nada na Coruña en 1959 e finada na mesma cidade o 30 de agosto de 2025, foi unha profesora e arqueóloga galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada e doutora en Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela e formada tamén na Universidade de Coímbra,[2] foi arqueóloga e académica correspondente da Academia Galega da Língua Portuguesa. Destacou polo seu labor investigador e divulgador arredor da cultura e da relixión celta galaica e lusitana, tamén na interpretación das culturas do noroeste ibérico durante a prehistoria e a época romana no ámbito da guerra, da relixión, das divinidades relixiosas e dos rituais. Estudou a soberanía feminina céltica e as pegadas do seu culto no Oeste peninsular, sobre deusas como Nabia e as divinidades das augas na Gallaecia antiga.[3]
A súa traxectoria académica estivo vinculada a varias universidades galegas e portuguesas, como a USC, a Universidade do Minho, a Universidade do Porto e a UVigo, ao tempo que participou en numerosas escavacións arqueolóxicas e promoveu actividades fóra do marco institucional.[4]
Colaborou en revistas da súa especialidade como Semata: Ciencias sociais e humanidades, Conimbriga: revista do Instituto de Arqueologia, Revista Conímbriga.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Guerra y religión en la Gallaecia y Lusitania Antiguas (1990). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-475-8. Baseada na súa tese de doutoramento supuxo un xiro na interpretación da cultura da Idade do Ferro en Galicia, que collera unha orientación moi crítica co celtismo tradicional que se asociaba coa prehistoria galega desde o Rexudimento. A autora situou o ámbito das relixións da Idade do Ferro nun marco cultural asociado á Europa Atlántica.[3]
- Las rutas sagradas de Galicia: perduración de la religión celta de la Galicia antigua en el folclore actual (1999). Diputación de La Coruña = Deputación da Coruña, Imprenta Provincial. ISBN 978-84-95335-06-7.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- O feito relixioso na historia de Galicia (1993). Asociación Galega de Historiadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AdminWeb (2025-09-01). "PESAR POLA MORTE DE BRANCA GARCIA FERNÁNDEZ-ALBALAT". www.academiagalega.gal (en portugués). Consultado o 2025-09-02.
- ↑ Gonzalo (2025-08-31). "Adiós a Blanca García Fernández Albalat, pionera en el estudio del mundo céltico gallego". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2025-09-02.
- 1 2 culturagalega.org (2025-09-01). "Era especialista na relixión da Gallaecia antiga". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-09-02.
- ↑ Diario, Nós (2025-08-31). "Pesar polo falecemento da arqueóloga Branca García Fernández-Albalat". Nós Diario. Consultado o 2025-09-02.
- ↑ Barbosa, José Manuel (segunda-feira, 2 de julho de 2012). "Desperta do teu sono: Entrevista à Professora Doutora Blanca Garcia Fernández-Albalat". Desperta do teu sono. Consultado o 2025-09-02.