Blanca-Ana Roig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Blanca Ana Roig Rechou»)
Blanca-Ana Roig
Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
Nacemento28 de xuño de 1949
Lugar de nacementoPortosín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítica literaria e profesora
CónxuxeAnxo Tarrío
Na rede
AELG: 335
editar datos en Wikidata ]

Blanca-Ana Roig Rechou, nada en Portosín[1] (Porto do Son) o 28 de xuño de 1949, é unha profesora e crítica literaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestra, graduada social, licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrática de literatura galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade compostelá, onde imparte aulas de literatura e literatura infantil galega, textos literarios e literatura de transmisión oral. A súa tese de licenciatura titulouse Análise da narrativa da colección Lar e a de doutoramento A Literatura infantil e xuvenil galega. Perspectiva diacrónica e análise da actualidade.

En 2011 dirixía un proxecto de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se materializa todos os anos na publicación dos Informes de Literatura. Forma parte do Equipo Glifo, encargado da realización neste momento do Diccionario de termos literarios do que xa se publicaron os tomos (a-d) e (e-h) e do Diccionario do Rexurdimento do que se están realizando correccións para a imprenta. Dirixe unha Rede temática sobre as literaturas infantís e xuvenís e a formación lectora no marco ibérico. Colaborou con diversos traballos en libros colectivos e en revistas como Dorna, Boletín Galego de Literatura, Quimera, Ínsula, Colóquio-Letras, Chorimas, Fadamorgana, Revista Galega do Ensino, Malasartes, Ocnos etc., nos que tratou temas sobre literatura galega e literatura infanto-xuvenil, realizando diversas edicións de obras de autores galegos do XIX e principios do XX, así como a tradución ao galego de diversas obras de creación de autores infantís e de ensaio.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de ensaio e investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
  • Premio da Crítica Galicia de Investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega..

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]