Black is Beltza (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Black is Beltza
Ficha técnica
Título orixinalBlack is Beltza
DirectorFermin Muguruza
ProdutorFermin Muguruza
Oriol Marcos
GuiónFermin Muguruza
Harkaitz Cano
Eduard Sola
IntérpretesUnax Ugalde
Isaach De Bankolé
Sergi López
Iseo
María de Medeiros
Emma Suárez
EstudioBlack is Beltza AIE
Talka Records&Films
Setmagic
Elkar
EstreaFestival de Donostia: 28 de setembro de 2018
outubro de 2018
Duración80 minutos
OrixePaís Vasco País Vasco
XéneroAnimación
Na rede
http://www.blackisbeltza.eus/
IMDB: tt8512986 Filmaffinity: 316393 Allocine: 258693 Rottentomatoes: m/black_is_beltza Editar o valor em Wikidata

Black is Beltza é un filme vasco de 2018 dirixido, producido e escrito por Fermin Muguruza. Estreouse no Festival Internacional de Cine de Donostia o 28 de setembro de 2018. Baséase na novela gráfica homónima de Muguruza e Harkaitz Cano. A banda sonora foi creada polo propio Muguruza e Refree.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientada no ano 1965, conta a historia de Manex Unanue, membro dunha comparsa de xigantes de Pamplona que é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, por mor da discriminación, as autoridades locais prohiben a participación dos dous xigantes negros. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippie dos primeiros festivais de música.[2][3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mondo Sonoro, ed. (18 de setembro de 2018). "Fermin Muguruza y Refree firman la BSO de “Black Is Beltza”". Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  2. "Black is Beltza: un paseo por los movimientos sociales de los 60" (en castelán). 13 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  3. "Black is Beltza" (en castelán). 4 de outubro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]