Biscoito de soleta
| Biscoito de soleta | |
|---|---|
![]() | |
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Prato
| |
| Ingredientes | |
|
Ingredientes
| |
| Orixe | |
|
País de orixe
| |
| Identificadores | |
| TasteAtlas | savoiardi |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons | |

O biscoito de soleta é un tipo de biscoito doce, lixeiro, moi esponxoso, e con forma alargada, aplanada e cos extremos redondeados. Ten numerosas denominacións segundo os países onde se elaboran e consomen. Este tipo de doce adoita ser a base doutras preparacións de repostaría, como o tiramisú.
Características
[editar | editar a fonte]Os biscoitos de soleta elabóranse cunha masa de biscoito moi lixeira sen fermento, na que se montaron as claras a piques de neve para incorporar a maior cantidade de aire posible. Esta masa coñécese como genovesa. A receita tradicional leva como ingredientes principais ovo (ao redor do 30% da masa), fariña de trigo e azucre; e en ocasións se perfuma con vainilla, ralladura de limón ou mel. É habitual tamén cubrir a cara superior cunha fina capa de azucre glas. A mestura de ingredientes trabállase buscando unha emulsión, dándolle forma con axuda dunha manga pasteleira. Os biscoitos obtidos despois do horneado teñen unha forma ancha e aplanada, frescos e esponxosos por dentro e lixeiramente tostados por fóra. Adoita medir uns 10 centímetros de longo por 4 ou 5 de ancho, así como un grosor dun centímetro aproximadamente.[1][2]
Usos
[editar | editar a fonte]Pola súa consistencia esponxosa os biscoitos de soleta absorben doadamente os líquidos sen deformarse polo que son ideais para mollar. En Galicia, como en moitos outros países, consómense tradicionalmente na merenda para acompañar un chocolate quente ou un café.
Hoxe en día son coñecidos polo seu uso máis común na elaboración do tiramisú, onde son remojados nun forte expreso e mesturados cunha crema doce de mascarpone, formando así unha das sobremesas máis típicas da cociña italiana.
Historia
[editar | editar a fonte]
De orixe da Savoia, os biscoitos de soleta chamábanse orixinariamente biscuit à a cuillère debido a que se colocaba a masa cunha culler antes de ser enfornada, e considérase que foron inventados a finais do século na corte do Duque de Savoia e foron creados para a ocasión da visita do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Posteriormente, Charles-Maurice de Talleyrand, o ministro de Asuntos exteriores de Napoleón, pediu ao pasteleiro Antonin Carême que alargase os biscoitos para podelos mollar no seu vaso de madeira, dando lugar á forma alongada actual.[1][2]
Outros nomes
[editar | editar a fonte]América
[editar | editar a fonte]- En Arxentina e Paraguai chámaselles vainillas, debido a que se adoita utilizar vainilla para darlles sabor.[3]
- En República Dominicana coñécenas como tostadas, e son a base dunha sobremesa popular denominada doce frío.[4]
- En Chile denomínaselles galletas de champaña.[5]
- En México son chamadas soletas.[6]
- En Ecuador, Perú e coñécense como biscotelas.
- No Salvador chámanse suspiros.[7]
- En Guatemala coñécense como chiqueadores.[8]
- En Colombia tamén se lles coñece como linguas.
- En Costa Rica coñéceselles como dedos de señora.
- En Uruguai, Venezuela e outros países de Latinoamérica denomínaselles plantillas.[9]
- En Brasil: bolacha ou biscoito champagne (galletas de champaña).
Europa
[editar | editar a fonte]- En España: biscoitos de soleta ou de soletilla, nome que recibe polo seu parecido coa forma dunha sola de zapato[10]. Na zona de Levante chámanse melindros.
- En Francia son chamados biscuits à a cuillère (biscoitos de culler) ou boudoirs.[11]
- En Rusia: Damskiye palchiki (dedos de dama)
- No Reino Unido: lady fingers (dedos de dama), sponge-fingers (dedos de esponxa), boudoir fingers, boudoir biscuits ou baby biscuits.
- En Eslovenia: bebi piškoti (galletas de bebé)
- En Alemaña e na Suíza alemá: Löffelbiskuits/Löffelbiskuite (biscoitos de culler)
- Nos Países Baixos: lange vingers (dedos longos)
- En Austria: Biskotte.
- En Bulgaria: Bishkoti.
- En Italia son coñecidos como savoiardi, e teñen tradición no centro de Sardeña.
- En Portugal: Palitos réinea (varitas da raíña)
- En Rumania son chamadas pișcoturi.
Resto do mundo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Paste e dolci - Piemonte Agri Qualità". Consultado o 2022-01-30.
- ↑ 2,0 2,1 Perrier-Robert, Annie (2012-10-18). Dictionnaire de la gourmandise (en francés). Groupe Robert Laffont. ISBN 978-2-221-13403-0. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Recetas | Cocineros Argentinos - Panadería - Vainillas caseras". 2014-04-07. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Dulce Frío Dominicano: Video-Receta de un Postre Fácil y Espectacular" (en castelán). 2005-01-02. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "▷ Receta de Galletas de Champaña o Champagne - 🥇 Recetas chilenas 【 2022 】🍽️" (en castelán). 2021-05-23. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Soletas ⋆ Larousse Cocina" (en castelán). Consultado o 2022-01-30.
- ↑ www.starclownonline.com, StarClown Webmaster (2016-12-22). "Suspiros Salvadoreños" (en castelán). Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Receta para hacer los famosos chiquiadores guatemaltecos" (en castelán). 2019-04-30. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Plantillas". Consultado o 2022-01-30.
- ↑ ASALE, RAE-. "bizcocho | Diccionario de la lengua española" (en castelán). Consultado o 2022-01-30.
- ↑ Marmiton-aufeminin. "Boudoirs ( biscuits à la cuillère )" (en francés). Consultado o 2024-01-29.
