Biography

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biography
Formato Serie documental
Duración 60-120 minutos
Cadea A&E
The Biography Channel
Día da estrea 6 de abril de 1987
Páxina web oficial

Biography é unha serie documental de que comezou a emitirse en 1987.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Biography baséase nunha serie homónima que se emitiu en sindicación de 1961 a 1963 producida por David L. Wolper e presentada por Mike Wallace, a A&E Network reemitiu máis tarde a serie e comezou a producir a súa propia serie documental sobre biografías en 1987 co mesmo nome, na serie mestúranse técnicas propias dos noticieiros con outras dos dramas da televisión e co estilo dos programas de non ficción da PBS pero dun xeito convencional e melodramático [1]. O primeiro episodio estivo dedicado a Buster Keaton, convivindo en episodios posteriores grandes personaxes históricas como Abraham Lincoln ou Calígula, de ficción como Superman ou Santa Claus, líderes políticos, sociais ou relixiosos da actualidade como Xoán Paulo II, empresarios como Arthur Blank, xente da industria do entretemento como Elvis Presley ou Gene Tierne ou personaxes populares como Britney Spears, o que provocou algunhas críticas[2]. En 1999 A&E dediciu crear unha canle especializada en biografías, The Biography Channel, en agosto de 2006 A&E deixou de emitir Biography, emitíndose os episodios novos exclusivamente en The Biography Channel.[3], aínda que segue a emitir capítulos vellos os domingos pola mañá.[4]. Os presentadores da serie foron Peter Graves, Jack Perkins e Harry Smith, e desde 2003 é a voz de Neil Ross a que presenta a serie.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]