Bintou Keita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBintou Keita

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Guinea Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pantheon-Assas (pt) Traducir
Université Paris-Dauphine (pt) Traducir
Faculté des lettres de Sorbonne Université (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata

Bintou Keita, nada en 1958, é unha funcionaria das Nacións Unidas guineana experta en paz, seguridade, desenvolvemento e dereitos humanos en situacións de conflito e postconflicto. Tamén traballou na incorporación das mulleres nas misións internacionais de mantemento da paz.[1] O 14 de xaneiro de 2021 foi nomeada Representante Especial do Secretario Xeral da ONU na República Democrática do Congo e xefa da Misión das Nacións Unidas na República Democrática do Congo (MONUSCO) que asumiu en febreiro de 2021 substituíndo a Leila Zerrougui.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai é militar e creceu, explica nunha entrevista, escoitando historias sobre como o compromiso militar entre varios países pode ser unha cuestión positiva ou pode implicar dificultades.

Estudou Administración de negocios, dereito, xestión en economía social na Universidade París II (1979-1983), ten unha mestría neste tema e un posgrao en administración e xestión de empresas da Universidade de París IX, (1983-1984).[2] Incorporouse ás Nacións Unidas en 1989 onde traballou en varias axencias: UNICEF e PNUD.

Durante máis de 18 anos asumiu varias funcións directivas e de alta dirección no Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) no Chad, Congo, Madagascar, Cabo Verde, Ruanda, Burundi e os Estados Unidos de 1989 a 2007. Posteriormente, de 2007 a 2010, foi Representante Executiva Adxunta do Secretario Xeral da Oficina Integrada das Nacións Unidas en Burundi. Tamén traballou co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) e a Axencia Canadense de Desenvolvemento Internacional en Guinea.

De 2014 a 2015 xestionou a Crise do Ébola en Serra Leona, e foi xefa de Gabinete e directora de Operacións da Misión das Nacións Unidas para a Resposta de Emerxencia ao Ébola. En 2015, incorporouse como Representante Especial Adxunta Conxunta na Operación Híbrida da Unión Africana e as Nacións Unidas en Darfur (UNAMID).

O 18 de setembro de 2017 foi nomeada asistenta do Secretario Xeral Antonio Guterres para Misións de Paz e en xaneiro de 2019 subsecretaria Xeral da ONU para África en misións de paz.[3]

O 14 de xaneiro de 2021 foi nomeada Representante Especial do Secretario Xeral da ONU na República Democrática do Congo e Xefa da Misión das Nacións Unidas na República Democrática do Congo (MONUSCO), substituíndo a Leila Zerrougui tras o final do seu mandato en febreiro.[4] A MONUSCO conta cuns 15.000 cascos azuis cun orzamento anual de máis dun milleiro de dólares e sendo a misión con maior número de efectivos e orzamento das misións de Nacións Unidas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]