Saltar ao contido

Bilurico de ás negras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilurico de ás negras
 Nome taxon
    Tringa ochropus
 Nome curto
    T. ochropus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroTringa
EspecieTringa ochropus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Tringa ochropus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   59 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   21 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01qh1z Editar o valor en Wikidata
ITIS176632 Editar o valor en Wikidata
OTT165976 Editar o valor en Wikidata
UICN22693243 Editar o valor en Wikidata
CoL58VJC Editar o valor en Wikidata
EOL45509205 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O bilurico de ás negras[1] ou bilurico de alas negras[1] (Tringa ochropus) é unha pequena ave limícola do Vello Mundo. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino que lle deu a esta especie Aldrovandus en 1599 baseándose no nome dunha ave, trungas, mencionada por Aristóteles. O nome específico ochropus vén do grego antigo okhros, 'ocre', e pous, 'pé'.[2]

O bilurico de ás negras represena unha antiga liñaxe dentro do xénero Tringa; o seu único parente próximo vivo é o T. solitaria. Ambos teñen ás marróns con poucos puntos claros e un delicado pero contrastado debuxo no pescozo e peito. Ademais, ambas as especies aniñan nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.[3]

Dada a súa posición basal en Tringa, non é moi sorprendente que se informase de casos sospeitosos de hibridación entre esta especie e o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) do xénero irmán Actitis.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Adulto invernante preto de Hodal, Haryana, (India)

Esta especie é un limícola algo gordo cun dorso e ás marróns verdosos escuros, cabeza e peito cincentos e no resto do corpo é branco. O dorso está inzado de manchas brancas en variada extensión, sendo máxima no adulto reprodutor, e menor en inverno e nas aves novas. As patas e o curto bico son verdes escuros.

En voo é moi distinguible e cun padrón característico, coas súas ás escuras pola parte superior e inferior e unha rabadilla moi branca. Esta última característica destacable distíngueo da especie moi similar pero máis pequena T. solitaria de Norteamérica.

En voo emite un asubío de tres notas característico.

Distribución e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden.

Reprodúcese ao longo da Europa e Asia subárticas e é unha ave migratoria, invernando no sur de Europa, o subcontinente indio, sueste asiático, e África tropical. En Galicia é unha ave escasa que aparece como ave de paso ou invernante.[4] Aliméntae de pequenos invertebrados que apaña na lama, xa que esta especie inspecciona continuamente arredor das beiras da lagoa elixida.

Non é unha especie gregaria, aínda que ás veces se congregan en pequeno número en lugares axeitados para a súa alimentación. É unha ave de auga doce, e a miúdo pode verse en sitios demasiado restrinxidos para outras limícolas, que tenden a preferir sitios cunha vista ampla xeral.

Pon de 2 a 4 ovos en niños nunha árbore vella que pertenceron a outra especie, como o Turdus pilaris. A posta tarda unhas tres semanas en facer eclosión.

O bilurico de ás negras é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA). Está amplamente distribuído e abunda, polo que a IUCN non o considera unha especie ameazada a escala global.[5]

  1. 1 2 "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 279, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  3. ↑ Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
  4. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. ↑ "Tringa ochropus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]