Billy o neno (filme de 1941)
Aparencia
Billy o neno (en inglés: Billy the Kid) é un filme estadounidense dirixido por David Miller que se estreou en 1941. É un remake a cor do filme homónimo de 1930. Está protagonizado por Robert Taylor, que interpreta a Billy, e por Brian Donlevy que fai unha versión ficcionada de Pat Garrett, chamado "Jim Sherwood" no filme. Baséase no libro de Walter Noble Burns.[1]
Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un vaqueiro pasa a ser un fóra da lei despois de asasinar o seu patrón, vingándose dese xeito da morte do su pai.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robert Taylor como Billy the Kid
- Brian Donlevy como Jim Sherwood
- Ian Hunter como Eric Keating
- Mary Howard como Edith Keating
- Gene Lockhart como Dan Hickey
- Lon Chaney Jr. como 'Spike' Hudson
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bosley Crowther (20 de xuño de 1941). "NY Times review". New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Billy o neno na IMDb (en inglés).