Billene Seyoum Woldeyes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Adís Abeba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Etiopía |
Educación | Universidade para a Paz (pt) Universidade da Columbia Británica Universidade de Innsbruck Addis Ababa University School of Commerce (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora , poetisa , activista polos dereitos das mulleres |
Billene Seyoum Woldeyes (amhárico: ቢልለኔ ሥዩም ወልደየስ), nada en Adís Abeba en 1985, é unha escritora e activista etíope[1]. Desde 2018 é secretaria de prensa da oficia do Primeiro Ministro do su país[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A menor de tres irmáns, sendo nena a súa familia emigrou a Harare (Cimbabue) e o Canadá.[3] No seu libro Transformative spaces fala da pegada da educación multinacional na súa vida: «Pasei a metade da miña vida fóra do meu país de nacemento, Etiopía. Porén, algunhas normas de Ethiopiawinet ("Etiopeidade") inxectadas en min a través da socialización se mantiveron ao longo dos anos».[3]
Fixo os estudos secundarios en Harare, e estudou dous anos de Xestión de Mercadotecnia na Universidade Comercial de Adís Abeba. Estudou Relacións Internacionais na Universidade de Columbia Británica, en Vancouver, entre 2004 e 2008. Na Universidade para a Paz estudou un mestrado en Xénero e Construción da Paz, e na Universidade de Innsbruck un mestrado en Paz, Seguridade, Desenvolvemento e Transformación dos Conflitos Internacionais.[4]
A finais de 2010 regresou a Adís Abeba, e pouco despois comezou o blog EthiopianFeminism, renomeado en 2012 como AfricanFeminism. Desde esta plataforma difunde a obra de escritoras africanas feministas.[5] Desde 2010 publicou en diversas publicacións, como Pambazuka News, sobre os dereitos da muller e os dereitos da nena.[6]
En 2011 formou un colectivo poético de spoken word chamado Zemneged-Andinet, "desde un lugar de unidade" en lingua amhárica. Nel colaboran artistas en amhárico e inglés, e actúan en locais de Adís Abeba.[1]
Entre 2011 e 2013 traballou no programa de formación no Instituto de Paz e Estudos de Seguridade - Africa Peace en Addis Ababa.[4] En 2013 foi elixida presidenta da Association of Women in Business (AWiB) de Etiopía.[7] Tamén traballou como editora da revista da Association for Women’s Sanctuary and Development (AWSAD).[4]
Foi consultora no programa de desenvolvemento agrícola Agribusiness and Market Development (AGP-AMDe) da organización ACDI/VOCA, de cara a axudar labregos e labregas do seu país.[1][8] É fundadora da compañía de impacto social Earuyan Solutions.[9]
Billene foi unha das promotoras do equilibro de xénero 50-50 no Goberno de Etiopía. Nunha carta aberta ao Primeiro Ministro Abiy Ahmed publicada no xornal The Reporter, Billene Seyoum Weldeyes e Sewit Hailesellasie Tadesse defendían a equidade de xénero e facían algunhas propostas para levala a cabo. Entre elas, a creación dun equilibrio de xénero 50-50 no gabinete ministerial, no grupo de conselleiros do Primeiro Ministro, e no Foro de Defensa dos Dereitos da Muller. Ahmed nomeou 10 ministras cando formou goberno o 16 de outubro de 2018.[10][11] En novembro de 2018 foi contratada como secretaria de prensa da oficina do Primeiro Ministro, despois da desaparición da Oficina de Asuntos de Comunicación do Goberno.[12][13] En xaneiro de 2019 Nigussie Tilahun pasou a levar a sección de amhárico, e Billene seguiu coas seccións de lingua inglesa e medios dixitais.[14]
Diversas plataformas sinalaron a preferencia de Billene por non ser nomeada co título de Weizero ou Weizerit (entendible como "Señora" ou "Señorita").[15]
Obra
[editar | editar a fonte]- Transformative spaces: enabling authentic female leadership through self transformation - the case of AWiB (ensaio, 2014)
A súa obra poética[16] inclúe poemas como "Things I Imagine Telling My Daughter"[17], "Make It Happen"[18], "From Foetus to Woman".[19], "Petals of Pride"[20] ou "Cracking Fragility"[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Abdella, Nejat (30 de decembro de 2013). "Billene Seyoum Woldeyes Inspiring Through Grace and Willpower". AWiB. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Abdella, Nejat. "Billene Seyoum Woldeyes – Inspiring through Grace and Willpower". www.awib.org.et. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Enabling democracy". Educating for Civic-Mindedness. Routledge. 17 de xuño de 2016. pp. 106–121. ISBN 9781315559872.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Woldeyes, Billene Seyoum | DW | 24.04.2012". Deutsche Welle. Consultado o 12 de xaneiro de 2019.
- ↑ "About". AfricanFeminism (AF). 31 de decembro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Pambazuka News | Analysis and Debates for Freedom and Justice". www.pambazuka.org. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Our Very Own Billene Seyoum Is GOE Press Secretary". AWiB. 16 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Ethiopia AGP-AMDe Project Drives Agribusiness Success". ACDI-VOCA.
- ↑ "Earuyan Solutions - "Consulting with Heart"". AWiB. 1 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Schemm, Paul (16 de outubro de 2018). "In Ethiopian leader’s new cabinet, half the ministers are women". Washington Post.
- ↑ "News update: PM Abiy Ahmed's downsized cabinet sees 50 per cent women ministers assume key positions". Addis Standard. 16 de outubro de 2018.
- ↑ "The women smashing Ethiopia's glass ceiling". BBC News. 18 de novembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ Tsegaye, Yared (5 de novembro de 2018). "Newly Formed Press Secretariat Sees The End of Government Communication Affairs Office".
- ↑ "Breaking: Billene, Helen remain at PM's press secretariat; Kassahun Gofe not joining". Addis Standard. 2 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ Haile, Hanna (15 de decembro de 2018). "Personal Choices". Addis Fortune.
- ↑ "Billene "Bilu" Seyoum | Badilisha Poetry – Pan-African Poets". badilishapoetry.com. Consultado o 2019-01-15.
- ↑ "Things I Imagine Telling My Daughter". YouTube.
- ↑ "Make It Happen". AfricanFeminism (AF). 6 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2019.
- ↑ "From Foetus to Woman". AfricanFeminism (AF). 8 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ "Petals of Pride | Pambazuka News". www.pambazuka.org. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Cracking Fragility | Pambazuka News". www.pambazuka.org. Consultado o 2019-01-15.