Billano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa Billano
Illa do Frade
Isla Villano.jpg
Vista da illa
Situación
PaísEspaña
RexiónPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
MarMar Cantábrico
Coordenadas43°26′24″N 002°56′7″O / 43.44000, -2.93528Coordenadas: 43°26′24″N 002°56′7″O / 43.44000, -2.93528
Xeografía
Superficie1,8 Ha km²

Illa Billano (ou Illa do Frade) é unha illa sita en Gorliz, na costa de Biscaia, fronte ó cabo Billano. O alcume vénlle da súa forma vista desde o mar, que semella a un grupo de frades cubertos polas capuchas dos seus hábitos.

É unha illa inhóspita e de tan só 1,8 hectáreas. É moi coñecida pola súa característica forma de dragón recostado. A súa única vexetación é unha tenue capa herbácea. Na zona do faro de cabo Billano pódese visitar un antigo destacamento de artillería de costa que aínda conserva un dos seus canóns e unha serie de galerías subterráneas (que comunican as baterías coa dirección de tiro) situada na ladeira do cantil á altura da lanterna do faro.