Saltar ao contido

Bil Nsongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBil Nsongo
Biografía
Nacemento21 de setembro de 2004 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Yaoundé Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2022–2024 AS Lausanne de Yaoundé 12(9)
2024–2024 Canon Sportif de Yaoundé
2024–2026   Deportivo Fabril 51(17)
2026–   Deportivo da Coruña 20(6)

Bil Dornol Nsongo Tonfack, nado en Yaoundé o 21 de setembro de 2004, é un futbolista camerúnes que xoga na posición de dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación deportiva na Académie Nationale de Football (ANAFOOT) da súa cidade natal. En 2022 debutou co AS Lausanne de Yaoundé da Segunda División de Camerún, anotando 9 goles en tan só 12 partidos.[1] Axiña captou o interese de diferentes equipos turcos e realizou sesións de proba co Enyimba FC nixeriano e co Amiens SC francés.[2][3] En xaneiro de 2024 fichou polo Canon Yaoundé da Primeira División do Camerún.[4]

O 16 de agosto de 2024 instalouse en Galicia, onde asinou un contrato dun ano co Fabril da Segunda Federación.[5] Tras unha tempada irregular, con 5 goles en 31 partidos, a intención do club coruñés era finalizar o seu contrato temporal, pero finalmente acordou unha prórroga doutro ano debido ao interese do xogador en permanecer no equipo.[6] Comezou a tempada 2025/26 anotando dous goles na primeira xornada ante o Burgos Promesas e fixo un triplete na cuarta xornada contra o Rayo Cantabria.

Destacando como un dos máximos goleadores da Segunda Federación, o 4 de decembro de 2025 debutou co primeiro equipo do Deportivo, entrando como substituto de Zakaria Eddahchouri nun partido da Copa do Rei 2025/26 ante o Sabadell.[7] Tamén participou na seguinte rolda do torneo, sendo substituto de Cristian Herrera nunha vitoria ante o Mallorca, da Primeira División.[8]

O 20 de decembro debutou co Deportivo na liga, na 19ª xornada da Segunda División ante o Andorra no Estadio da FAF, entrando como substituto de Eddahchouri. O 1 de marzo de 2026 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo, na vitoria por 2-3 ante a Real Sociedad B en Zubieta.[9] Nos dous últimos meses de competición fíxose coa titularidade por diante de Eddahchouri e do italiano Samuele Mulattieri e respondeu con goles importantes.[10] Na penúltima xornada ante o Real Valladolid no José Zorrilla foi o autor dos dous goles do Deportivo na vitoria por 2-0 coa que o club galego certificou o ascenso á Primeira División.[10] Conseguiu así un dobre ascenso, co Fabril (ao que aportou 12 goles) e co Deportivo (sumando 6 goles), converténdose nunha das grandes figuras do club.[10] En xuño de 2026 o seu contrato foi renovado ata 2030.[11]

Carreira internacional

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2023 foi convocado pola selección sub-20 do Camerún para participar nos Xogos da Francofonía de 2023 en Kinshasa, onde conseguiu a medalla de ouro.[12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril

Selección de fútbol sub-20 do Camerún

  1. "Bil Dornol Nsongo courtisé en Turquie" (en francés). Africa Foot. 24 de xuño de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  2. "Enyimba FC pas convaincu par le profil de Bil Dornol Nsongo" (en francés). Africa Foot. 7 de outubro de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  3. "Amiens SC offre une opportunité à Bil Dornol Nsongo" (en francés). Africa Foot. 14 de outubro de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  4. "Elite One : Bill Nsongo, la sensation de la reprise avec le Canon de Yaoundé" (en francés). Camerfoot Infos. 22 de febreiro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2024. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  5. "Dos internacionales sub-20 cameruneses refuerzan al Fabril" (en castelán). Deportivo da Coruña. 16 de agosto de 2024. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  6. "Así es Bil Nsongo, el nuevo líder del Fabril" (en castelán). DxT Campeón. 29 de setembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  7. "Abegondo prepara su nueva hornada: Noé, Nsongo… y Samu" (en castelán). Diario AS. 17 de decembro de 2025. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  8. "Bil prende el fuego y Noé cocina a los 'dimonis'" (en castelán). DxT Campeón. 17 de decembro de 2025. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  9. Zautúa, Israel (1 de marzo de 2026). "Nsongo Bil no dudó en su gol a la Real B: "Hice lo mismo que hago en los entrenamientos"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2026.
  10. 1 2 3 "El doble ascenso de 'Kill Bill' Nsongo, el último héroe del deportivismo". Marca (en castelán). 25 de maio de 2026. Consultado o 16 de xuño de 2026.
  11. Arrizado, Bea (12 de xuño de 2026). "Bil Nsongo amplía su contrato con el Dépor hasta 2030". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2026.
  12. "Les 26 lionceaux indomptables convoqués pour les jeux de la Francophonie" (en francés). L'Attaquant. 3 de xuño de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2025.
  13. "Football - Médaillés par épreuve" (pdf). microplustimingservices.com. 6 de agosto de 2023. Consultado o 11 de agosto de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]