Saltar ao contido

Big Thief

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Big Thief
Imaxe
 Instancia de
Características
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
2015 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF45147095009925080500 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000470109298 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: bigthiefmusic Twitter: bigthiefmusic Instagram: bigthiefmusic Youtube: UCvN64FqCG5hi2cTsOLH2lqQ Bandcamp: bigthiefSouncloud: big-thief Spotify: 5QdyldG4Fl4TPiOIeMNpBZ Apple Music: 1083255351 Musicbrainz: 9f81247f-7f57-42f3-a8ba-75bef554e591 Songkick: 8434308 Discogs: 5009441 Allmusic: mn0003449693 Deezer: 9829340 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Big Thief é unha banda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York. Os seus membros son Adrianne Lenker (guitarra, voces), Buck Meek (guitarra), Max Oleartchik (baixo) e James Krivchenia (batería).[1]

O primeiro álbum do grupo, Masterpiece, foi publicado a través do selo Saddle Creek Records o 27 de maio de 2016.[2] O 4 de abril de 2017 Big Thief estreou un novo sinxelo, "Mythological Beauty", a través de NPR.[3] O día seguinte a banda publicou o vídeo oficial da canción e confirmou que o tema aparecería no seu seguinte traballo, Capacity. O álbum foi editado o 9 de xuño a través de Saddle Creek.[4]

En 2019 Big Thief publicou dous álbums e varios sinxelos. Antes de lanzar o seu terceiro traballo, U.F.O.F., a banda editou tres sinxelos, ''U.F.O.F", "Cattails", e "Century." O álbum apareceu o día 3 de maio. O seu cuarto disco, Two Hands, publicouse o 11 de outubro. Este lanzamento foi precedido polos sinxelos "Not" e "Forgotten Eyes". Os dous álbums foron incluídos na lista dos mellores discos de rock de 2019 da publicación online Pitchfork Media.[5]

O quinto álbum de estudio da banda, o disco dobre Dragon New Warm Mountain I Believe in You, foi lanzado en febreiro de 2022. O traballo alcanzou o top dez nos Países Baixos e tamén foi nomeado a Mellor Álbum de Música Alternativa nos Grammy de 2023, mentres que o seu segundo sinxelo, "Certainty", foi nomeado a Mellor Interpretación Musical Alternativa. Despois de nove anos na banda, o baixista fundador Max Oleartchik marchou en xuño de 2024, e a banda alegou "razóns interpersoais" para a marcha.[6]

En setembro de 2025, a banda lanzou o seu primeiro álbum como trío, Double Infinity, que foi gravado coa participación de varios músicos de sesión. Tras o lanzamento do álbum, a banda incorporou a Joshua Crumbly á súa formación en directo.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Masterpiece2016Saddle Creek Records
Capacity2017Saddle Creek Records
U.F.O.F.20194AD
Two Hands20194AD
Dragon New Warm Mountain I Believe in You20224AD
Double Infinity20254AD

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. The Portland Mercury (ed.). "Big Thief’s Masterpiece Finds the Right Alchemy". Arquivado dende o orixinal o 13/11/2017. Consultado o 25 de decembro de 2017.
  2. Spin (ed.). "Review: Big Thief Are Halfway to a Low-Strung ‘Masterpiece’". Consultado o 25 de decembro de 2017.
  3. NPR (ed.). "New Mix: Son Lux, Public Service Broadcasting, Big Thief, More". Consultado o 25 de decembro de 2017.
  4. Pitchfork (ed.). "Big Thief Announce New Album Capacity, Share New “Mythological Beauty” Video: Watch". Consultado o 25 de decembro de 2017.
  5. Pitchfork. "The Best Rock Albums of 2019". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-04-30.
  6. Strauss, Matthew (2024-07-11). "Big Thief Bassist Max Oleartchik Leaves Band for “Interpersonal Reasons”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-23.