Bierzo Baixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Bierzo Baixo ou Baixo Bierzo é a zona central da bisbarra leonesa do Bierzo, e fórmana os concellos de Arganza, Borrés, Cabañas Raras, Cacabelos, Camponaraia, Carracedelo, Cubillos del Sil, Ponferrada, Priaranza do Bierzo, Sancedo, Toural dos Vaos e Vilafranca do Bierzo.

Ocupa a parte máis profunda e plana da foxa tectónica que forma O Bierzo, coñecida como fosa berciana.

Tradicionalmente o sector máis importante foi o primario a través da gran produción hortofrutícola favorecida polo micro-clima do que goza O Bierzo o cal é máis adondo nesta bisbarra do Bierzo Baixo. Durante o século XX e, principalmente, debido á explotación dos depósitos de carbón e ferro. Do bierzo produciuse un gran desenvolvemento do sector secundario protagonizado polas empresas Mineiro Siderúrxica de Ponferrada e Endesa, esta última coas súas centrais térmicas de Compostilla I (xa desmantelada, hoxe sede do CIUDEN[1] (Fundación Cidade da Enerxía), e Compostilla II en Cubillos del Sil, a segunda central térmica en cantidade de produción de España. Tamén outras empresas como Cementos Cosmos en Tuoral dos Vaos tiveron un gran protagonismo neste sector.

Coa chegada da segunda metade do século XX e o crecemento da cidade de Ponferrada prodúcese unha engalaxe do sector terciario, o sector de servizos, principalmente no núcleo urbano de Ponferrada e en menor medida nos de Camponaraia e Cacabelos.

En Fontesnovas, concello de Ponferrada, ten a súa sede a Mancomunidade de Concellos da Bisbarra de Ponferrada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cidade da Enerxía" (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2010.