Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Logo
AcrónimoBVMC
Tipobiblioteca virtual
Data de fundación1999
Fundador(es)Universidade de Alacant
Nomeado en referencia aMiguel de Cervantes
PremiosSPIRL, Awards Aporta e British Library Labs Awards
SedeAlacant
PaísEspaña
38°23′05″N 0°30′47″O / 38.384638888889, -0.51314722222222
Na rede
https://www.cervantesvirtual.com
Twitter: FBVMC GitHub: fbvmc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en Internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.

Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa.[1] A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu apoio.

Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]