Biblioteca da Universidade da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Biblioteca da Universidade da Coruña
Xoana.jpgServizo de Biblioteca Universitaria. Edificio Xoana Capdevielle
PaísEspaña
Tipopública / universitaria
Forma parte deUniversidade da Coruña
Sitio webhttp://www.udc.es/biblioteca/

A Biblioteca da Universidade da Coruña é un servizo pertencente á Universidade da Coruña (UDC). Trátase dunha unidade funcional de xestión de recursos de información que dá soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais[1].

Estrutura[editar | editar a fonte]

Estrutúrase como un sistema bibliotecario único, descentralizado en bibliotecas de centros e coordinado a través do Servizo de Biblioteca. Está formado por 17 puntos de servizo entre os campus de Ferrol e o da Coruña[2]:

Campus de Ferrol[editar | editar a fonte]

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín (Cc. do Traballo, Deseño Industrial, Enfermaría e Podoloxía, Humanidades e Documentación)

Campus da Coruña[editar | editar a fonte]

  • Biblioteca Central (Servizo de Biblioteca)
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde (Cc. da Saúde e Fisioterapia)
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Colección[editar | editar a fonte]

Biblioteca da Facultade de Filoloxía, onde se atopa a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.

A colección da biblioteca está formada por máis de 850.000 libros, 89.000 libros electrónicos e 49.600 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD etc. Conta tamén con máis de 9.200 revistas en papel e 24.500 en formato dixital, ademais de dar acceso a aproximadamente 60 bases de datos que abarcan tódalas disciplinas científicas.

Entre os seus fondos destaca a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ao escritor e reputado investigador teatral galego Francisco Pillado Mayor. Trátase dun fondo bibliográfico especializado en teatro, constituído tanto polos libros e revistas doadas por Francisco Pillado como por outros comprados pola UDC, e que se atopa na Biblioteca da Facultade de Filoloxía. Todo o fondo da Biblioteca-Arquivo pódese consultar vía web no catálogo da biblioteca; ademais, no Repositorio da Universidade (RUC), dentro do seu apartado "Coleccións especiais" está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de carteis e fotografías.

Servizos[editar | editar a fonte]

Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación.

Os principais servizos que ofrece a biblioteca son: Información xeral, préstamos de libros e documentos así como lectores de libros electrónicos e de ordenadores portátiles, cursos de iniciación e formación para o alumnado e servizos varios en liña.

A biblioteca ten presenza nas redes sociais (Facebook, Twitter, Pinterest, Scoop, Google+, Youtube, Flickr ou Instagram).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Regulamento de organización e funcionamento do servizo na páxina web da biblioteca da UDC.
  2. Información xeral na páxina web da biblioteca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]