Betty Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Betty Wright Harris, nada en Monroe o 29 de xullo de 1940,[1] é unha química estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Betty Harris naceu en Luisiana e creceu rodeada da natureza. Optou polos estudos científicos, e formouse como química.[2]

En 1975, despois do doutoramento, traballou no Laboratorio Nacional de Los Álamos, onde permaneceu 20 anos. Investigou como detectar explosivos, e como reparar o impacto que causan no medio ambiente.[3]

Esta investigadora é unha dos poucos científicos afroamericanos distinguidos pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Betty Harris". Introductions Necessary. Nine Hour Films. 29 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  2. Palomino, Zinthia (2019). Mujeres negras en la ciencia : www.mujeresnegrasquecambiaronelmundo.com. Zinthia Palomino. ISBN 978-84-09-08025-0. OCLC 1148196409. 
  3. "Betty Wright Harris, química". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-07-29. Consultado o 2022-07-29. 
  4. "Betty W. Harris". www.cpnas.org. Consultado o 2022-07-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]