Saltar ao contido

Betti Alver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBetti Alver

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Jõgeva, Estonia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Tartu, Estonia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Raadi Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiina Härma Gymnasium (en) Traducir
Universidade de Tartu Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, tradutora, novelista, escritora Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioBetti Alver Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMart Lepik (1956–)
Heiti Talvik (1937–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Альвер Бетти) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 9f96e0e1-a5e8-402f-88e3-adc38f032cd4 Discogs: 2502681 Editar o valor en Wikidata

Elisabet "Betti" Alver, (nada en Jõgeva, Estonia, o 23 de novembro de 1906 e finada en Tartu o 19 de xuño de 1989,[1] foi unha das poetas máis destacadas de Estonia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa natal de Betti Alver.

Foi a sexta filla dun xefe de estación de Jõgeva. Ela foi unha das primeiras xeracións en ser educadas nunha Estonia independente. Foi á escola primaria de 1914 a 1917 en Tartu e, despois até 1924, fixo a secundaria, tamén, en Tartu.[3] Posteriormente, de 1924 a 1927, estudou na universidade de Tartu lingua e literatura estoniana.[4]

Comezou como escritora en prosa, en 1927, e a partir de 1931 publicou varios poemas que favoreceron o seu recoñecemento na escena literaria estoniana, culminando en 1934, coa súa adscrición á Unión de Escritores de Estonia.[4] A finais da década de 1930, toma parte na fundación do grupo Arbujad ("Adiviños"),[5] un pequeno grupo de influentes poetas estonianos, entre os que se atopaban Bernard Kangro, Uku Masing, Kersti Merilaas, Mart Raud, August Sang, Heiti Talvik e Paul Viiding.

En 1937, casou con Heiti Talvik,[3] mais despois da guerra, este, foi encarcerado polos soviéticos en 1945 e morreu en Siberia.[4]

Durante dúas ou tres décadas gardou silencio como poeta en protesta polo dominio soviético, pero retomou a súa actividade na década de 1960. Destaca neste segundo período a colección de 1966 Tähetund ou "Hora estrelada". Tamén escribiu novelas e fixo traballos de tradución[6] tanto do ruso (Pushkin e Gorki) como do alemán (Goethe e Heine).[4] No centenario do seu nacemento, a súa casa natal, converteuse nun museo en Jõgeva.[7]

  • 1931, Lugu valgest varesest
  • 1936, Tolm ja tuli
  • 1956, Luuletused ja poeemid
  • 1962, Mõrane peegel
  • 1966, Tähetund
  • 1968, Uued luuletused ja poeemid
  • 1971, Eluhelbed
  • 1976, Tuju
  • 1979, Lendav linn
  • 1986, Korallid Emajões
  • 1989, Werke, Band 1: Üle aegade Assamalla; Luuletusi ja poeeme 1931–1988
  • 2004, Üle sõnade serva
  • 1927, Tuulearmuke (novela)
  • 1930, Invaliidid (novela)
  • 1935, Viletsuse komöödia (poema en prosa)
  • 1992, Werke, Band 2: Tuulearmuke; Invaliidid; Viletsuse komöödia; Kõmpa; Proosa 1927–1976
Museo de Betti Alver en Jögeva.
  • 1966, Escritora de honra da RSS de Estonia
  • 1967, Premio de Poesía Juhan Liiv
  • 1977, Premio Friedebert Tuglas
  • 1981, Escritora do Pobo da RSS de Estonia

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Heiti Talvik en 1937, e con Mart Lepik, en 1965.[4]

  1. Bédé & Benbow (1980)
  2. Kaus (2011), p. 14
  3. 3,0 3,1 Süvalep, Ele (11 de setembro de 2010). "Soothsayer, Mother-of-Song, 'Divine Hooligan' - Betti Alver". elm.einst.ee (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2010. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Betti Alver". estlit.ee. Consultado o 1 de maio de 2025. 
  5. Cummins (1993), p. 32
  6. Cummins (1993), pp. 32–33
  7. "Culture". jogevalv.ee (en inglés). 9 de xuño de 2007. Archived from the original on 09 de xuño de 2007. Consultado o 2 de maio de 2025. 
  8. "Alver". planetarynames.wr.usgs.gov (en inglés). 23 de setembro de 2022. Consultado o 2 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Bibliografía

[editar | editar a fonte]