Betsi Cadwaladr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betsi Cadwaladr
Betsi Cadwaladr.JPG
Nacemento24 de maio de 1789
Lugar de nacementoLlanycil
Falecemento17 de xullo de 1860
Lugar de falecementoLondres
CausaCólera
SoterradaCemitério de Abney Park
NacionalidadeGales, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Alma máterGuy's Hospital
Ocupaciónenfermeira
PaiDafydd Cadwaladr
editar datos en Wikidata ]

Betsi Cadwaladr, nada en Llanycil o 24 de maio de 1789 e finada en Londres o 17 de xullo de 1860, foi unha enfermeira galesa, tamén coñecida como Beti Cadwaladr[1] e como Betsi Davis.[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como enfermeira na Guerra de Crimea xunto a Florence Nightingale, aínda que as súas diferenzas sociais foron obxecto de confrontación constante entre ambas[3] e a súa formación autodidacta foi moi importante no estabelecemento das bases da enfermaría moderna.[4]

Actualmente, o seu nome está asociado á Xunta de Saúde da Universidade Betsi Cadwaladr (en galés: Bwrdd Iechyd Prifysgol Betsi Cadwaladr), a maior organización asistencial en Gales. En 2016 foi nomeada unha das "50 maiores galeses de todos os tempos"[5], por diante doutros galeses como Tom Jones, o actor Anthony Hopkins, T.E. Lawrence e Ivor Novello.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Welsh National Heroes by Alun Roberts, Y Lolfa, 2002
  2. BBC News – Betsi Cadwaladr, Bala Crimean War nurse, given memorial
  3. Radio Cymru, a conversation with Lyn Ebenezer, published in the Cwrs Uwch, Bangor University, 2003
  4. Megía, Carlos (19 de abril de 2020). "Cómo el enfrentamiento entre Betsi Cadwaladr y Florence Nightingale sentó las bases de la enfermería moderna". El País (en Castelán). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  5. "The 50 Greatest Welsh Men and Women of All Time" (en inglés). Wales Online.