Bete Giyorgis
| Bete Giyorgis | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lalibela | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Dedicado a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de San Xurxo (en amhárico: ቤት ጊዮርጊስ; Bete Giyorgis) é unha das once igrexas monolíticas escavadas en rocha de Lalibela, unha cidade na Rexión de Amhara, en Etiopía. O sitio histórico e relixioso, orixinalmente chamado Roha (Warwar), foi nomeado Lalibela por orde do rei Gebre Mesqel Lalibela da dinastía Zagwe, quen tamén ordenou a súa construción. El é considerado un santo pola Igrexa etíope tewahedo.
Historia
[editar | editar a fonte]
A igrexa de San Xurxo foi escavada cara a abaixo nunha clase de toba volcánica. Ese foi o único material arquitectónico que se empregou na construción. Data de finais do século XII e comezos do XIII, e pénsase que puido ser construído durante o reinado de Gebre Mesqel Lalibela, da dinastía Zagwe.[1] É unha das máis coñecidas e a última en ser erixida das once igrexas da área de Lalibela, e foi considerada de xeito non oficial como a "Oitava Marabilla do Mundo".[2] Lalibela, rei de Etiopía, quixo recrear Xerusalén, e estruturou a paisaxe das igrexas e os sitios relixiosos de tal xeito que se lograse tal fazaña. As igrexas en Lalibela están agrupadas en dous grupos principais, un que representa a Xerusalén terreal e o outro que representa a Xerusalén celestial. Situada directamente entre eles hai unha trincheira que representa o río Xordán. As dimensións da trincheira son 25 metros por 25 metros por 30 metros,[3] e hai unha pequena piscina bautismal fóra da igrexa, que se atopa nunha gabia artificial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moriarty, Colm. "St. George's Church, Ethiopia". Irish Archaeology. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2023. Consultado o 29 de maio de 2015.
- ↑ "Lalibela:The Eighth Wonder of the World". Tzu Chi Foundation. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2006.
- ↑ Sacred Destinations (ed.). "Rock-Hewn Churches of Lalibela". Consultado o 10 de novembro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bete Giyorgis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Milena Batistoni (2008). A Guide to Lalibela (en inglés). Adís Abeba: Arada Books. p. 183. ISBN 9994486608.
- Claire Bosc-Tiessé; Marie-Laure Derat; Laurent Bruxelles; François-Xavier Fauvelle; Yves Gleize; Romain Mensan (2014). The Lalibela Rock Hewn Site and its Landscape (Ethiopia): An Archaeological Analysis. Journal of African Archaeology (en inglés) 12. pp. 141–164. doi:10.3213/2191-5784-10261.
