Bestallung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bestallung era un acordo realizado durante a Idade Moderna entre un asentista ou empresario militar e un goberno, polo cal o asentista comprometíase a subministrar un determinado número de homes para unha contenda.[1]

O asentista recibía a cambio as pagas deses soldados. Foi un sistema común na Guerra dos Oitenta Anos, mediante o cal por exemplo, a monarquía hispánica podía recrutar soldados en Inglaterra ou Irlanda.[2]

O sistema propiciaba que o recrutamento de homes realizárase con rapidez, posto que o empresario xa dispuña de tropas propias e podía recrutar novas, no seu territorio.

En período de paz, o empresario recibía o wartegeld. Unha pensión que garantía que os seus soldados non loitaran para outro goberno e estivesen en alerta ante unha posible pronta mobilización.[3]

Este método era o empregado polos Habsburgo no recrutamento de tropas en territorios que non dominaban politicamente.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659. (en Castelán). Madrid: Alianza Editorial. p. 73. 
  2. Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659. (en Castelán). Madrid: Alianza Editorial. p. 72. 
  3. Campillo, Antonio (2008). La fuerza de la razón guerra, estado y ciencia en el Renacimiento. (en Castelán). Murcia. 
  4. Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659. (en Castelán). Madrid: Alianza Editorial. p. 76. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Geoffrey Parker, El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659, Madrid, 2010.