Besiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Besiki
Besik Gabashvili.jpg
AlcumeBesiki
Nacemento1750
 Tbilisi
Falecemento24 de xaneiro de 1791
 Iași
Ocupacióndiplomático e poeta
Paisen etiquetar
Coñecido/a porsen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Besiki. Lado Gudiashvili (1896–1980)

Besarion Zakarias dze Gabashvili (xeorxiano: ბესარიონ ზაქარიას ძე გაბაშვილი), máis coñecido polo sobrenome literario de Besiki (xeorxiano: ბესიკი), nado en Tbilisi 1750 e finado o 25 de xaneiro de 1791 en Iaşi, foi un poeta, político e diplomático xeorxiano, coñecido como autor de poemas amorosos e odas heroicas. 

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Besiki procedía dunha familia nobre que afirmaba proceder da antiga cidade palestina de Gibeon e o poeta utilizou o sobrenome Gabaoni, forma xeorxiana de Gibeon e variatne de Gabashvili.[1]

O pai de Besiki, Zakaria, era un sacerdoto ortodoxo xeorxiano, confesor do rei Teimuraz II. Zakaria foi excomungado e desterrado en 1764, pero o rei Erekle II permitiu que Besiki permanecese na corte real, onde se educou e comezou a súa carreira de menestrel nas súas primeiras composicións o seu estilo estaba moi influenciado pola poesía persa e o poeta armenio-xeorxiano contemporáneo Sayat-Nova. A pesar da súa curta idade, gañou moitos inimigos na corte polas súas sátiras e polos seus ataques ao  Catholicos Anton I. Amais existían rumores que asociaban a Besiki coa irmá de Erekle, Ana, sobre todo polo seu poema დედოფალს ანაზედ ("Á raíña Ana"). En 1777 o Catholicos Anton acusouno de impiedade e denunciouno ao rei,  como resultado do conflito, Besiki foi desterrado de Tbilisi e marchou ao reino de Imereti (no oeste de Xeorgia), onde o rei Salomón I lle deu o posto de chanceler, tras a morte do rei serviu no servizo diplomático para o novo rei, Salomón II. Nunha misión no Imperio Ruso para asegurar a protección rusa a Imereti durante a  Guerra Ruso-Turca (1787–1792), acompañou durante tres anos ao mariscal de campo Potyomkin na campaña contra o Imperio Otomán, e morreu de xeito sorpresivo en Iaşi, Moldavia, onde o enterraron.[2]

Poesía[editar | editar a fonte]

Debido á súa vida turbulenta e as súas viaxes perdéronse moitos dos seus manuscritos, que non publicou en vida, aínda que centos de copias dos seus manuscritos circularon durante décadas despois da súa morte, os títulos e notas de moitos poemas son invencións de copistas afeccionados.[2]

O legado poético de Besiki é notable pola súa  musicalidade e espentaneidades.[3] Os seus mellores poemas – სევდის ბაღს შეველ ("Entrei nun xardín de melancolía"), მე მივხვდი მაგას შენსა ბრალებსა ("Comprendín as túas acusacións"), შაშვნი შავნი ("Os merlos") e en especial, ტანო ტატანო ("Estatura de beleza") e დედოფალს ანაზედ ("Á raíña Ana") – están dedicados a un apaixonado, e ás veces explíciito, amor erótico cun matiz melancólico e un ton elegante.[4] A súa poesía heroica inclúe os poemas ასპინძისათვის ("Na batalla de Aspindza") e რუხის ომი ("A batalla de Rukhi"), ámbolos dous dedicados ás vitorias xeorxianas sobre as forzas turcas e abkazio-circasianas, respectivamente. Besiki tamén foi un mestre da poesía satírica, რძალ-დედამთილიანი ("A sogra e a nora"), e ჭაბუა ორბელიანზე ("A Chabua Orbeliani"), son dous notorios exemplos.[4] O poeta usou algúns métodos novos na versificación, composición e cuñou algunhas palabras novas, renovando e enriquecendo a poesía xeorxiana con novas metáforas.[5] A súa poesía influíu nos poetas románticos xeorxianos de primeiros do século XIX. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leonidze, Giorgi (1942). "გაბაშვილები" [The Gabashvili]. literaturis matiane (Georgian) 3–4: 366. 
  2. 2,0 2,1 Rayfield, Donald (2000), The Literature of Georgia: A History: 2nd edition, pp. 124-6.
  3. Mikaberidze, Alexander (2007).
  4. 4,0 4,1 Kveselava, M (2002), Anthology of Georgian Poetry, 181.
  5. Baramidze, A.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]