Bertel Tingström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBertel Tingström
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1912
Gotemburgo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro 2004 (91 anos)
Uppsala.
Condado de Uppsala.
Suecia Suecia
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca.
EducaciónUniversidade de Uppsala.
Coñecido porEstudos de moeda sueca.
Actividade
Campo de traballoNumismática e museoloxía.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1981): Medalla ao Mérito (SNF).
- (1994): Medalla Elias Brenner (SNF).
- (1997): Medalla Örnhjelm (SNY).
- (1998): Medalla Pro Numismatica (SNY).
- (1999) Medalla Gunnar Holst.


Bertel Tingström, nado o 27 de xuño de 1912 en Gotemburgo, e finado o 27 de xaneiro de 2004 en Uppsala, foi un numismático sueco, especializado nas moedas-placa de cobre suecas e moi coñecido como divulgador do coñecemento numismático a través dos medios de comunicación de masas do seu país.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e carreira profesional[editar | editar a fonte]

Tingström naceu en Gotemburgo aínda que, aos seus seis anos, a súa familia fixou a súa residencia en Malmö. Nesa cidade recibiu a educación primaria e en 1930 matriculouse na Escola Xeral Superior (Högre Allmänna Läroverket) para cursar o ensino secundario, que completou na Escola de Secundaria de Comercio (Handelsgymnasium), tamén de Malmö.[2]

No curso 1931-1932 ingresou na Escola de Artillaría e en 1933 na Academia Militar de Karlberg, en Solna, onde en 1934 acadou o rango de alférez do exército sueco. Como militar participou na segunda guerra mundial e en 1945 ascendeu a capitán.[2]

No mundo civil, desenvolveu a súa actividade profesional no sector dos seguros, no que se mantivo desde 1935 ata a súa xubilación en maio de 1977. No exercicio da súa profesión residiu en diversas cidades suecas, entre elas Malmö e Halmstad. Entre 1948 e 1953 estivo destinado en Estocolmo e ese último ano trasladouse a Uppsala, onde ocupou o posto de director rexional da compañía na que traballaba.[2]

Tingström numismático[editar | editar a fonte]

A afección de Tingström pola numismática comezou como coleccionista na súa infancia e o interese polo coñecemento nesta materia acompañouno durante toda a súa vida. Durante a súa estadía en Malmö formou parte da Sociedade Numismática de Escania e ao chegar a Estocolmo en 1948 ingresou na Sociedade Numismática Sueca, na que ocupou diversos postos directivos durante os 55 anos que permaneceu nela e da que chegou a ser nomeado membro honorario en 2002.[3] Como membro desta sociedade foi o seu representante na Fundación Numismática Sven Svensson e na Unión Numismática Nórdica.[2]

Entre outras entidades, Tingström foi tamén socio fundador do Club Numismático de Uppsala en 1969, entidade que presidiu durante varios anos.[2][4]

Logo da súa xubilación en 1977, en setembro dese mesmo ano matriculouse na Universidade de Uppsala, dotada dun recoñecido gabinete numismático, onde acadou a súa graduación en Historia e Historia Económica. En 1984 logrou o seu doutoramento coa defensa dunha tese acerca dun tema no que foi especialista: o papel das moedas-placa de cobre suecas como medio de pagamento nos séculos XVII e XVIII.[5][6]

Tingström acadou un sólido coñecemento da numismática sueca e fíxose moi popular como divulgador a partir da súa participación en 1961 nun coñecido programa da televisión do seu país.[2] Á parte das súas obras en forma de artigos e monografías, Tingström foi o responsable en materia numismática da Enciclopedia Nacional Sueca (Nationalencyklopedin) e a el débenselle numerosas contribucións nesta publicación enciclopédica. Por outra banda, Tingström foi o creador do Museo da Moeda de Avesta en 1983, institución que dirixiu ata 1996, cando foi sucedido por Ian Wiséhn.[7] Ademais, a el encomendóuselle a catalogación do importante achado de moedas-placa de cobre suecas resultado do naufraxio do buque Nicobar, nas costas de Suráfrica.[6][8]

Bertel Tingström faleceu en Uppsala o 27 de xaneiro de 2004 e foi soterrado en Visingsö.[6] Na súa memoria, a Sociedade Numismática Sueca emitiu en 2010 unha medalla conmemorativa en bronce.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías máis significativas da carreira numismática de Bertel Tingström:[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lagerqvist, Lars O.; Wiséhn, I. (2004).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Lagerqvist, Lars O.; Wiséhn, I. (2004). Páxina 66.
  3. "SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
  4. Olsson, S-E. "Numismatiska Klubben i Uppsala 1969 - 1999". Numismatiska Klubben i Uppsala.
  5. Véxase (1984) en "Publicacións".
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Lagerqvist, Lars O.; Wiséhn, I. (2004). Páxina 67.
  7. Véxase (1995) en "Bibliografía".
  8. Véxase (1999) en "Bibliogr afía".
  9. "Medalj från SNF till minne av Bertel Tingström". Svenska Numismatiska Föreningen.
  10. "SNF:s förtjänstmedalj". Svenska Numismatiska Föreningen.
  11. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  12. SNY Yhteenveto 1914-2020. Suomen Numismaattinen Yhdistys ry. 2020. Páxina 16.
  13. "Bertel Tingström hedrad". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 5. Setembro de 1998. Páxina 125.
  14. "Gunnar Holstspriset till Bertel Tingström". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 8. Decembro de 1999. Páxina 186.
  15. "Tingström, Bertel 1912-2004". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]