Bert Schneider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bert Schneider
Nacemento5 de maio de 1933
Lugar de nacementoNova York
Falecemento12 de decembro de 2011
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causadoenza
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Cornell
Ocupaciónprodutor de cinema e produtor de televisión
PremiosÓscar á mellor curtametraxe documental
Na rede
IMDB: nm0773721 Allocine: 59392 Allmovie: p110282
Find a Grave: 81931765 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Berton Schneider, nado o 5 de maio de 1933 en Nova York e finado o 12 de decembro de 2011 en Los Angeles,[1] coñecido como Bert Schneider, foi un produtor estadounidense de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi responsábel dalgún dos filmes máis importantes e significativos de finais da década de 1960 e principios da de 1970. Fillo do que fora no seu momento presidente da Columbia Pictures, Abraham Schneider, de mozo amosouse ligado ás correntes políticas máis rebeldes do seu tempo e así foi expulsado da Universidade Cornell e o exército rexeitouno polas súas actividades radicais.

Nos primeiros anos da década de 1960 traballou para Screen Gems, a división de televisión da Columbia. En 1965, Schneider fundou Raybert Productions xunto co director Bob Rafelson. Schneider e Rafelson levaron á televisión en 1966 a serie The Monkees, unha comedia de situación sobre unha banda de rock ficticia (que despois faríase real para cumprir as demandas do público e as súas propias aspiracións),

O éxito dos Monkees permitiu a Schneider e Rafelson introducirse na realización de filmes, primeiro co filme contracultural Head (1968), protagonizado por The Monkees e cun guión co-escrito por Jack Nicholson. O seu primeiro grande éxito foi con Easy Rider (1969), que os situou na era do Novo Hollywood, e despois chegaría Five Easy Pieces (1970), con Rafelson na dirección. A Schneider e Rafelson sumóuselles un terceiro socio, Stephen Blauner, e Raybert converteuse en BBS Productions. De seguido fixeron varios filmes de interese, incluídos A derradeira película (1971), de Peter Bogdanovich e The King of Marvin Gardens (1972), de Rafelson. En 1975 Schneider acadou un Oscar ao Mellor Documental como produtor de Hearts and Minds (1974).

Peter Fonda baseou parcialmente en Schneider a súa personaxe en de The Limey, Terry Valentine, segundo a entrevista a Fonda incluída no DVD.

Vida privada e morte[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Judy Feinberg, de quen máis tarde se divorciaría, e con quen tivo dous fillos, Jeff e Audrey.

Morreu de morte natural aos 78 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Belinchón, Gregorio (2011-12-22). "Bert Schneider, productor rebelde". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-03. 
  2. Bert Schneider, producer of counterculture classics, died at 78