Saltar ao contido

Bernard Werber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard Werber

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole supérieure de journalisme de Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritor de ciencia ficción, guionista, escritor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoProsa Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webbernardwerber.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1182776 Twitter: Werbernard BNE: XX1158820 Musicbrainz: 977cb848-91f2-49f7-bd22-f8265199d2f6 Discogs: 3057572 Editar o valor en Wikidata

Bernard Werber, nado o 18 de setembro de 1961 en Tolosa, é un escritor francés, sobre todo coñecido pola súa triloxía Les Fourmis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou criminoloxía en Tolosa e xornalismo en París, colaborou en varios xornais, como L'Événement, Le Point, VSD[1] e como xornalista especializado en ciencia de 1983 a 1990 en Le Nouvel Observateur.

Publicou a súa primeira novela, Les Fourmis en marzo de 1991. As súas obras traducíronse o trinta e cinco linguas, con 30 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Bernard Werber é, xunto a Marc Levy un dos autores franceses contemporáneos máis lidos internacionalmente, e con especial popularidade en Corea do Sur.[2]

En 2007 dirixiu a súa primeira longametraxe Nos amis les Terriens, producida por Claude Lelouch.

Bernard Werber en Montpellier, o 23 de maio de 2009

Na súa obra mestura diferentes xéneros, en particular a saga de aventuras, a ciencia ficción e o conto filosófico. O autor ás veces denominou ao seu estilo "filosofía-ficción"[3].

Na maioría das súas novelas, Bernard Werber usa a mesma forma de construción, alternando artigos informativos de enciclopedia, e dous ou tres fíos narrativos. Os artigos precisan ou amplían as intrigas. Ademais todas as súas obras, sexan novelas ou relatos, entrecrúzanse. Así un mesmo personaxe pode aparecer tanto na triloxía de Les Fourmis como en L'Empire des anges, mais igualmente os temas son recorrentes, como a árbore das posibilidades de Isidore Katzenberg, ou mesmo a novela Nous les dieux que contén elementos do conto L’École des jeunes dieux.

Non obstante a súa popularidade, non adoita contar co beneplácito da crítica literaria[4].

A triloxía de Les Fourmis

[editar | editar a fonte]
  • Les Fourmis, 1991, premio dos lectores de Sciences et Avenir.
  • Le Jour des fourmis, 1992, Gran premio das lectoras de Elle
  • La Révolution des fourmis, 1996

Pentaloía do ceo

[editar | editar a fonte]
  • Les Thanatonautes, 1994
  • L'Empire des anges, 2000, premio Jules-Verne

Ciclo dos deuses

[editar | editar a fonte]
  • Nous les dieux, 2004
  • Le Souffle des dieux, 2005
  • Le Mystère des dieux, 2007

Ciclo Aventureiros da ciencia

[editar | editar a fonte]
  • Le Père de nos pères, 1998
  • L'Ultime Secret, 2001
  • Le Rire du cyclope, 2010

Ciclo Troisième Humanité

[editar | editar a fonte]
  • Troisième Humanité, 2012
  • Les Micro-Humains, 2013
  • La Voix de la Terre, 2014

Novelas independentes

[editar | editar a fonte]
  • Le Papillon des étoiles, 2006
  • Le Miroir de Cassandre, 2009
  • Le Sixième Sommeil, 2015
  • Demain les chats, 2016

Libros experimentais

[editar | editar a fonte]
  • L'Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 1993
  • Le Livre du voyage, 1997, premio dos lectores do «Livre de Poche»
  • Le Livre secret des fourmis, 2003
  • Nos amis les Terriens, petit guide de découverte, 2007, álbum baseado na longametraxe Nos amis les Terriens
  • Nouvelle Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 2009
  • Voyage au cœur du vivant, 2011, álbum

Películas

[editar | editar a fonte]
  • Nos amis les humains, 2003 estrea en 2004 por Jean-Christophe Barc, interpretado por Audrey Dana e Jean-Christophe Barc.
  • Bienvenue au paradis, 2011 estrea en 2011 por Jean-Christophe Barc e interpretado por Thierry Liagre.