Bernaldo de Italia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 797 (Gregoriano) ![]() Altos de Francia ![]() |
Morte | 17 de abril de 818 ![]() Milán, Italia ![]() |
Lugar de sepultura | basílica de santo Ambrosio ![]() |
Rei de Italia | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Rei de Italia (813–817) ![]() |
Familia | Dinastía Carolinxia ![]() |
Cónxuxe | Cunigunda (813 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Pepino de Vermandois ![]() |
Pais | Pipino de Italia ![]() ![]() |
Irmáns | Adelaide Atala Gundrada Berta Theodrada ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Bernaldo de Italia,[1] nado sobre 797 e finado o 17 de abril de 818, foi rei dos longobardos desde 813 ata 817. Neto de Carlomagno, era un fillo ilexítimo de Pipino, rei dos longobardos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Á morte de seu pai, estaba destinado a ser rei dos longobardos, pero o seu avó, Carlomagno esperou a que cumprise os quince anos antes de envialo para tomar o control de Italia, en 812. Recibiu a dignidade real en abril de 813, gobernando pero, baixo a tutela dun neto de Carlos Martel, Adalhart, primo e antigo titor de seu pai e quizais parente de súa nai.
Logo da morte de Carlomagno, prestou homenaxe ao novo emperador, o seu tío Lois o Piadoso. En xullo de 817, este último, baixo a influencia da contorna da emperatriz Ermengarda, retiroulle o goberno de Italia e o título real, coa intención de proclamar algún dos seus fillos.
Malia que había motivos para a revolta, Bernaldo, nun primeiro momento non fixo movemento ningún. Pero en decembro de 817, co apoio de grandes personaxes por exemplo Anselmo, bispo de Milán, toma as armas contra o seu tío. Este someteuno obrigándoo a lle implorar perdón en Chalon-sur-Saône. Deportado a Aix-la-Chapelle, condenárono a morte. Afectado pola axitación que se vive neses momentos, provocada polos seus propios fillos, Lois o Piadoso, parece que se vai apiadar do seu sobriño, conmutando a pena de morte pola de ser cegado cun ferro candente. Bernaldo morreu tres días máis tarde, a consecuencia do suplicio.
Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]Cara a 813, estaba casado cunha muller chamada Cunegunda. A filiación desta muller non é coñecida, pero o seu nome coincide co de Cunegunda, esposa de Guillerme de Aquitania, e nai dun tal Heriberto, nome que aparece tamén entre os descendentes de Bernaldo. Cronoloxicamente a esposa de Bernaldo podería ser a filla pequena de Guillerme de Xelona e Cunegunda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernaldo de Italia ![]() |