Bérgamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bergamo»)
Modelo:Xeografía políticaBérgamo
Bergamo (it) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°41′42″N 9°40′12″L / 45.695, 9.67Coordenadas: 45°41′42″N 9°40′12″L / 45.695, 9.67
EstadoItalia
RexiónLombardía
ProvinciasProvincia de Bérgamo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación119.534 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.976,44 hab./km²)
Xeografía
Superficie40,16 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude249 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Santo padrónAlexandre de Bérgamo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoGiorgio Gori (pt) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal24121–24129 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico035 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT016024 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoA794 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
A Rioxa
Bengbu (pt) Traducir
Buenos Aires
Cochabamba
Mendoza
Olkusz (pt) Traducir
Pueblo (pt) Traducir
Greenville (pt) Traducir
Tver (pt) Traducir (1989–)
Mulhouse (1989–) Editar o valor em Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data1 de xuño de 2006
Identificador331

Sitio webcomune.bergamo.it Editar o valor em Wikidata
Facebook: comunedibergamo Twitter: comunedibergamo Instagram: comunedibergamo Editar o valor em Wikidata

Bérgamo[1] (Bèrghem en lombardo - Bergamo en italiano) é unha cidade de Italia, capital da provincia do mesmo nome, na rexión da Lombardía, uns 40 km ao nordeste de Milán. Ten 121.137 habitantes.

A cidade está dividida en dúas partes diferenciadas: Città Alta (Sìta Ólta), o centro histórico cercado por unha muralla, e a Città Bassa (Sìta Bàsa), a parte moderna.

Historia[editar | editar a fonte]

Bérgamo foi fundada co nome de Barra na época prerromana polos lígures ou polos etruscos[2]. Os romanos conquistaron a cidade no século II a.C. e rebautizárona como Bergomum. Os habitantes de Bergomum, xunto co resto de habitantes da Transpadania, convertéronse en cidadáns romanos no ano 49 a.C..

Bérgamo.

Trala caída do Imperio Romano, Bérgamo foi saqueada, até a chegada dos longobardos no 569, que instalaron un ducado. Ao seren destituídos os longobardos polos francos no 774, a cidade pasou a ser gobernada por unha serie de condes. En 1098 Bérgamo converteuse en comuna libre e despois dalgunhas guerras contra Brescia uniuse á Liga Lombarda contra o emperador Frederico I Barbarroxa. A partir do século XIII, no ámbito das das loitas entre güelfos e xibelinos, Bérgamo caeu baixo influencia dos vizcondes de Milán.

En 1428 Bérgamo pasou a formar parte da República de Venecia, cuxo dominio lle proporcionou paz e prosperidade. Os venecianos reconstruíron a cidade vella e erixiron fortes murallas defensivas. O dominio veneciano continuou até a era napoleónica, cando, despois da breve experiencia da República Bergamasca, da República Cisalpina e do Reino de Italia, coa Restauración, Bérgamo caeu baixo influencia austríaca no Reino Lombardo-Vêneto. Os austríacos foron os precursores da industrialización no territorio bergamasco, coa implantación de manufacturas téxtiles.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Azzano San Paolo, Curno, Gorle, Lallio, Mozzo, Orio al Serio, Paladina, Ponteranica, Seriate, Sorisole, Stezzano, Torre Boldone, Treviolo e Valbrembo.

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a clasificación climática de Köppen, Bérgamo ten un clima tipicamente temperado de medias latitudes (Cfa), chuvioso ou frecuentemente húmido en todas as estacións do ano e con veráns moi quentes.

As precipitacións concéntranse nos períodos comprendidos entre marzo e maio, cun leve descenso nos meses de verán, recuperándose no período entre outubro e novembro.

O inverno esténdese, xeralmente, de novembro a finais de marzo, e está caracterizado por un nivel pluviométrico moi baixo para os padróns italianos. Con base na media de referencia 1961-1990, a temperatura media do mes máis frío, que é xaneiro, é de 1,5 °C, e do mes máis quente, que é xullo, é de 22,4 °C.

Medias de temperatura para Bérgamo
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima °C 5,5 7,89 12,11 16,28 20,89 25 27,72 26,72 23,28 17,5 10,72 6,28 16,27
Media mínima °C -1,89 0,11 3,22 6,5 10,72 14,39 17 16,61 13,78 9 3,5 -1,11 7,67
Precipitacións (mm) 71 64 84 89 127 112 109 130 94 109 112 56 1.156
Fonte: Intellicast

Deporte[editar | editar a fonte]

Estadio de Bergamo.

Bérgamo é sede da Atalanta, que xoga no Estadio Atleti Azzurri d'Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada "Asteria" na Guía de nomes galegos, RAG. "... houbo, así mesmo, unha santa Asteria de Bérgamo (Italia), mártir durante a persecución de Diocleciano..."
  2. Ducato di Piazza Pontida

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]