Berdoias, Vimianzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berdoias
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556Coordenadas: 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556
Poboación226 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Berdoias[1] é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 223 habitantes (112 mulleres e 111 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial.

A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.

A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado. No ano 2024 un tractor derrubou co seu remolque parte da ermida.[2] A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Berdoias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Berdoias no concello de Vimianzo (A Coruña)

Berdoias | Boallo | A Bouza | A Casanova | Castrobuxán | Grixoa | Pedra do Frade | O Petón | Rego dos Podres | Romar | Santa Cristiña

Parroquias de Vimianzo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]