BeppoSAX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BeppoSAX
BeppoSAX
TipoObservatorio espacial.
OrganizaciónAxencia Espacial Italiana / Axencia dos Países Baixos para Programas Aeroespaciais[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento29 de abril de 2003[2]
Foguete portadorAtlas I[3][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[3]
Duración da misión7 anos[2]
Obxectivo da misiónAstronomía en raios X.[3][4]
Decaemento29 de abril de 2003
NSSDC ID1996-027A
Masa900 kg[3][4]

BeppoSAX foi un observatorio espacial colaboración de Italia e os Países Baixos. Foi lanzado o 30 de abril de 1996 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas I.[3] O nome é unha composición entre "Beppo", o alcume do físico italiano Giuseppe Occhialini, e o acrónimo en italiano "SAX", Satellite per Astronomia X.[1]

Características[editar | editar a fonte]

BeppoSAX adicouse a facer estudos espectroscópicos e de variabilidade temporal do ceo en raios X na banda de enerxía entre 1 e 200 keV, incluída unha exploración de eventos transitorios en todo o ceo no rango entre 2 e 30 keV.[3]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

BeppoSAX levaba a bordo os seguintes instrumentos de campo de observación estreito:[3]

  • catro cámaras concentradoras de raios X sensibles ao rango entre 1 e 10 keV, e unha delas sensible ata os 0,1 keV.
  • un contador de gas proporcional de chispas sensible a entre 3 e 12 keV
  • un cristal de chispas de ioduro de sodio sensible a entre 15 e 200 keV.

A 90 graos do eixo dos instrumentos de campo estreito había tres cámaras gran angular sensibles a enerxías de entre 2 e 30 keV.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 HEASARC / NASA, ed. (20 de maio de 2011). "The BeppoSAX Mission (1996 - 2002)" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BEPPOSAX" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (4 de novembro de 2011). "SAX" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "SAX (BeppoSAX)" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]