Benzoquinona
Aparencia
Unha benzoquinona (C6H4O2) é unha quinona cun só anel bencénico. Hai 2 benzoquinonas (hipoteticamente podería haber unha terceira), que son:
- 1,4-Benzoquinona, que é a máis común, mostrada na imaxe da dereita (tamén chamada para-benzoquinona, p-benzoquinona, para-quinona, ou, ás veces, simplemente, quinona)
- 1,2-Benzoquinona, menos común, mostrada na imaxe da esquerda (tamén chamada orto-benzoquinona, o-benzoquinona, orto-quinona)
- 1,3-benzoquinona, que é hipotética e realmente "non existe, porque a súa estrutura non sería plana e estaría moi tensionada",[1] aínda que si se coñecen derivados seus, máis estables.
Atopouse unha p-benzoquinona alquilada no rizoma de Iris kemaonensis.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoeben, WFLM Wilfred (2000). Pulsed corona-induced degradation of organic materials in water. (Tese). Technische Universiteit Eindhoven. doi:10.6100/IR535691.
- ↑ Singh, N.; Mahmood, U.; Kaul, V. K.; Gupta, A. P.; Jirovetz, L. (2006). "A new alkylated benzoquinone from rhizomes of Iris kumaonensis". Nat. Prod. Res. 20 (1): 75–78. PMID 16286313. doi:10.1080/14786410500045721.