Benny & Joon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benny & Joon
Ficha técnica
Título orixinalBenny & Joon
DirectorJeremiah S. Chechik
ProdutorSusan Arnold
GuiónBarry Berman
Lesley McNeil
IntérpretesJohnny Depp
Mary Stuart Masterson
Aidan Quinn
MúsicaRachel Portman
FotografíaJohn Schwartzman
MontaxeCarol Littleton
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea1993
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, Romance
Recadación$23 261 580

Benny & Joon é un filme estadounidense dirixido por Jeremiah S. Chechik que foi estreado en 1993. Trata sobre dous individuos excéntricos, Sam (Johnny Depp) e Juniper "Joon" (Mary Stuart Masterson), que se namoran o un do outro. O filme é quizais mellor coñecido polos xestos cómicos de Depp (que foron feitos en homenaxe a Buster Keaton, Charlie Chaplin e Harold Lloyd) e por popularizar nos Estados Unidos a canción "I'm Gonna Be (500 Miles)" de The Proclaimers. Foi rodado integramente na localización de Spokane, Washington.

Argumento[editar | editar a fonte]

Trala morte dos seus pais, Joon, unha rapaza sensible e delicada, converteuse nunha persoa mentalmente desequilibrada, que vive baixo a estrita tutela e protección do seu irmán Benny (Aidan Quinn). Como consecuencia dunha disparatada poxa nunha partida de póquer, Benny ten que aceptar que Sam (Johnny Depp), un rapaz extravagante e solitario que ten un don especial para a pantomima (homenaxe ó cine mudo), vaia vivir con eles. Joon e Sam simpatizan enseguida e acaban namorándose.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]