Benjamín Santamaría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1996 (28 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Alfonso X el Sabio - pedagoxía (2023–2024) Universidad Nacional de Educación a Distancia - economía (2018–2022) |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía, political analysis (en) , Análisis Económico (en) e pedagoxía |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | economista , conferenciante , analista (pt) , professor of economics (en) , xornalista |
Empregador | Okdiario, economista, editor colaborador (2023–) Libertad Digital (en) , editor colaborador, economista (2022–2023) Instituto Juan de Mariana, investigador, mestre (2019–) |
Lingua | Lingua castelá, lingua inglesa, lingua galega, lingua italiana e lingua portuguesa |
Benjamín José Santamaría Martín, nado na Coruña o 17 de setembro de 1996, é un economista, profesor de economía e xornalista coñecido pola súa defensa do libre mercado no contexto da doutrina social da Igrexa. Publicou numerosos artigos e impartiu conferencias sobre economía no marco do pensamento católico e historia do pensamento económico.[1] É redactor de economía no xornal dixital Okdiario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia e mocidade en Ordes. Viaxaba con regularidade á Coruña a visitar ao seu avó, tamén chamado Benjamín Santamaría, quen lle inculcou o interese pola política, a historia e a filosofía. Con todo, a súa decisión de estudar economía xurdiu tras coñecer persoalmente a Miguel Anxo Bastos, quen foi un dos seus referentes intelectuais.[2]
Benjamín iniciou os seus estudos en Enxeñaría Informática en 2014 na Universidade da Coruña, cambiándose en 2018 ao Grao de Economía na Universidade Nacional de Educación a Distancia, onde se graduou en 2022. En 2023 comezou un máster de Formación do Profesorado especializado en Economía, que rematou en febreiro de 2024. Durante o seu tempo na UNED, Benjamín desempeñou varios roles dentro da representación de estudantes,[1] organizando cursos e conferencias cun enfoque empresarial.[3]
Benjamín é colaborador habitual do Instituto Juan de Mariana,[4] onde escribe sobre a historia do pensamento económico e foi membro do think tank Juan de Lugo. Tamén participou en organizacións de ideoloxía liberal-conservadora como o Club de los Viernes e o Centro Diego de Covarrubias.
Iniciou a súa carreira en medios como Navarra Confidencial[1] e Religión en Libertad. En 2022 uniuse a Libre Mercado,[5] un portal de Libertad Digital, e en 2023 a Okdiario. Apareceu en medios televisivos como Toro TV [6]e Periodista Digital.[7]
Participación política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións xerais de 2015 en España Benjamín presentouse como candidato ao Congreso dos Deputados nas listas de VOX pola provincia da Coruña.[2][8] Tempo despois, declararía nunha entrevista que non estaba de acordo co rumbo que estaba tomando o partido tras unha reunión de Santiago Abascal co equipo de Le Pen en Francia.[2] A súa carreira política continuou como presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ordes.[9] Ademais, tivo varios cargos orgánicos a nivel provincial e rexional. Nas eleccións municipais de 2019 foi nas listas do Partido Popular no Concello de Ordes. Na actualidade atópase desvinculado da política activa.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Benjamín declarouse[onde?] católico practicante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (19 de novembro de 2020). "Santamaría, Bermeo y Gómez disertaron sobre el impacto del relativismo en la política actual". navarraconfidencial.com (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Jiménez, Juanan (20 de febreiro de 2022). "Benjamín Santamaría: «El libre mercado ya existía desde la Edad Media»". okdiario.com/ (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "Conferencia: "Derecho Mercantil: Vertiente práctica dentro de la figura empresarial"". acoruna.uned.es (en castelán). 7 de abril de 2021. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "Tradicionalismo y Libertad, ¿son compatibles? – Sergio Velasco y Benjamín Santamaría". juandemariana.org (en castelán). 25 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "Benjamín Santamaría". libremercado.com (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ Toro TV (26 de xullo de 2023). La Redacción Abierta (video) (en castelán). Escena en 1:11:38.
- ↑ Periodista Digital (24 de abril de 2024). ¡Begoña y su marido, preparan modelito para ir delante de un juez! (video) (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 977/2015, de 26 de octubre". boe.es/ (en castelán). 24 de novembro de 2015. Consultado o 8 de maio de 2024.
- ↑ "nnxxordes". instagram.com. 29 de noviembre de 2018. Consultado o 8 de maio de 2024.