Benito Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito Rodríguez López
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Padrón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Benito Rodríguez López, finado en Padrón o 12 de abril de 1939, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono do pazo de Arretén. Administrador de Rentas estancadas de Padrón, foi nomeado oficial de quinta clase de Facenda da provincia da Coruña en 1883.[1] Concelleiro de Padrón na corporación presidida por Juan Pazos Varela, foi nomeado alcalde de Padrón en 1899, permanendo no cargo ata 1906. Ao final da ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado alcalde de Padrón.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa casa foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas o 20 de xullo.[3][4] Finou no pazo de Arretén o 12 de abril de 1939.[5]


Predecesor:
Gumersindo Martínez Eiriz
 
Alcalde de Padrón
 
1899 - 1906
Sucesor:
Ernesto Baltar Cortés
Predecesor:
Juan Pazos Varela
 
Alcalde de Padrón
 
1929 - 1931
Sucesor:
Jesús Gómez García

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 14-3-1883, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 27-2-1930, p. 12.
  3. Borobó (14/9/2000). "O asalto ó pazo de Arretén". O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001). USC (publicado o 2002). pp. 78–79. ISBN 84-9750-123-3. 
  4. Represión Franquista en Teo
  5. El Eco Franciscano, 1-5-1939, p. 25.