Benigno Rodríguez Quintas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenigno Rodríguez Quintas
Biografía
NacementoGondomar Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Baiona
Período1979 – 1987
AntecesorÓscar Carreño Tato
SucesorManuel Vilar Márquez
Período1999 – 2003
AntecesorEmilio Iglesias Álvarez
SucesorLuis Carlos de la Peña
Datos persoais
Outros nomesChicho o Leiteiro
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmpresario
Partido políticoVecinos Independientes de Baiona
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Benigno Rodríguez Quintas, chamado Chicho o Leiteiro[Cómpre referencia], nado en Gondomar, é un empresario e político galego. Foi alcalde de Baiona en tres épocas, cun total de quince anos como mandatario baionés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O inicio da carreira política de Rodríguez Quintas foi xa na transición democrática, cando foi designado alcalde de Baiona en 1978, cargo que só ocuparía uns meses.

Nas primeiras eleccións municipais logo da recuperación da democracia en España, celebradas en 1979, Chicho Rodríguez Quintas presentouse polo partido Vecinos Independientes de Baiona (VIB), formación da que foi cabeza de lista e creador. Neses comicios obtivo 10 concelleiros, fronte aos 2 que conseguiu a UCD e un único concelleiro de CD. Rodríguez Quintas accedeu polo tanto á alcaldía no primeiro mandato democrático dende a II República. Catro anos despois, nos comicios de 1983, volveu acadar unha maioría absoluta ao conseguir 13 concelleiros fronte aos 3 do PSdeG-PSOE e 1 de Coalición Popular (CP).

Neste segundo mandato como rexedor Rodríguez Quintas foi levado perante a xustiza por dúas causas paralelas. En primeiro lugar, pola mantenza dunha vaca, que fora detida[1] polo concello por estar a pastar nuns terreos en disputa[2]. E en segundo lugar, porque o Concello contratara unha subministración de formigón, co voto favorable de Rodríguez Quintas, cunha empresa que recentemente crearan o alcalde e mais un irmán e da que eran socios[2]. A sentenza condenatoria do primeiro caso non chegou ata 1988, pero a do segundo, tamén condenatoria, fíxoo uns días antes das eleccións municipais de 1987. Pola sentenza, Rodríguez Quintas e mais outros concelleiros eran condenados por prevaricación[3] a unha multa económica e a seis anos e un día de inhabilitación para exerceren cargos públicos, sentenza que non foi firme ata 1989.

Nos comicios de 1987, coa primeira sentenza publicada, pero non firme, Rodríguez Quintas gañou as eleccións pero non obtivo a maioría absoluta. Manuel Vilar, naquela altura de Alianza Popular, fíxose coa alcaldía cos apoios de todas as demais forzas, que daquela foron o Partido Nacionalista Galego, Esquerda Galega, CDS e PSdeG-PSOE.

Tras dúas eleccións sen poder presentarse, nos comicios de 1999 obtivo 4 concelleiros, un número moi reducido para acadar o goberno, mais abondos para influír na gobernabilidade dun concello sen maioría absoluta. Rodríguez Quintas forxou un pacto que, malia ser a segunda forza máis votada, puña o socialista Emilio Iglesias como alcalde co apoio do BNG. Mais só uns meses despois Rodríguez Quintas rompeu o pacto de goberno e apoiou un goberno de coalición co daquela xa Partido Popular, polo que Quintas sería alcalde case dous anos, e os populares, liderados por Manuel Vilar, outros dous. Pero chegados a 2001, Rodríguez Quintas ignorou o seu acordo co PP e mantívose na alcaldía ata o remate da lexislatura cun goberno en minoría[2].

Logo das eleccións municipais de 2003 o número de concelleiros do VIB minguou a tres, e foi a terceira forza máis votada na vila por detrás de socialistas e populares con cadanseus 5 concelleiros. Foi elixido alcalde o socialista Carlos de la Peña, co apoio do BNG e de VIB. Deste xeito Chicho Rodríguez Quintas mantíñase no equipo de goberno baionés. A súa andaina non duraría moito pois no mes de setembro o alcalde destituíuno e rompeu o pacto de goberno, logo de chegar a un pacto coa Coalición MIñorana, que tiña dous concelleiros. Meses despois produciuse unha nova moción de censura: presentada polo popular Jesús Vázquez Almuiña, co apoio de Coalición Miñorana (CM) e dos Vecinos Independientes de Baiona (VIB) de Rodríguez Quintas, terminaría con Almuiña de alcalde e con Manuel Vilar (agora en CM) e Benigno Rodríguez Quintas de concelleiros do equipo de goberno. Benigno Rodríguez Quintas sería expulsado do equipo de goberno meses despois[2].

En 2007 presentouse novamente ás eleccións, mais non obtivo ningunha representación[2].


Predecesor:
Celso Carneiro Freire
 
Alcalde de Baiona
 
1978 - 1979
Sucesor:
Óscar Carreño Tato
Predecesor:
Óscar Carreño Tato
 
Alcalde de Baiona
 
1979 - 1987
Sucesor:
Manuel Vilar Márquez
Predecesor:
Emilio Iglesias Álvarez
 
Alcalde de Baiona
 
1999 - 2003
Sucesor:
Luis Carlos de la Peña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. País, Ediciones El (1983-10-08). "Benigno Rodríguez Quintas,". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-10-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "35 anos da detención da vaca Pinta polo alcalde que marcou a política de Baiona - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2018-10-04. 
  3. C. Punzón (12/10/2014). "El precedente del caso hormigón". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]