Nino Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Benigno Lema Mejuto»)
Benigno Lema
Información persoal
Nome Benigno Lema Mejuto
Nacemento 12 de setembro de 1964
Lugar de nacemento Vigo
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Gran Peña
Arosa SC
CD Alcoyano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1987 Celta de Vigo 64 (1)
1987–1988 RCD Mallorca 3 (0)
1988-1989 CD Tenerife 37 (1)
1989-1990 RCD Espanyol 29 (0)
1990-1996 Rayo Vallecano 151 (0)
Adestrador
1998-1999 Torrellano CF
1999-2002 Santa Pola CF
2004-2006 CD Ciempozuelos
2006-2007 Pego CF
2007 FC Jove Español
2007-2008 CD Denia
2008 Alicante CF
2009-2010 CD Denia
2011-2012 Orihuela Club de Fútbol
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Benigno Lema Mejuto, nado en Vigo o 12 de setembro de 1964, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na demarcación de defensa, máis coñecido como Nino Lema.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolísta[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, tras dúas cesións a Arosa SC e CD Alcoyano debutou co primeiro equipo o 31 de agosto de 1985 ante a Real Sociedad. Esa primeira tempada disputa 27 encontros, anotando un gol, o equipo rematou descendendo a Segunda División.

A tempada seguinte colabora ao ascenso disputando 37 encontros. Esta sería a súa última tempada en Vigo xa que na 1987/88 ficha polo RCD Mallorca. Porén non tería demasiada continuidade polo que ficha polo CD Tenerife, RCD Espanyol e Rayo Vallecano en anos sucesivos. Finalmente asentase no equipo madrileño, onde militou seis tempadas, alternando Primeira e Segunda División.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Como técnico comezou adestrando o Club Deportivo Ciempozuelos, o Torrellano CF, Santa Pola CF, Pego CF e FC Jove Español, todos eles en Terceira División. Entre os anos 2007 e 2011 dirixiu o CD Denia, en Segunda División B, salvo unha breve aventura no Alicante CF na tempada 2008/09 na que foi destituído o 7 de decembro.

Na actualidade[cando?] é mestre dos aspirantes a adestrador de fútbol da Federación de Fútbol da Comunidade Valenciana na súa delegación de Alacant.