Benigno Lameiro Bermúdez
Benigno Lameiro Bermúdez | |
---|---|
Nacemento | 1911 |
Lugar de nacemento | A Veiga |
Falecemento | anos 1960 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benigno Lameiro Bermúdez, nado na Veiga cara a 1911 e finado en Buenos Aires nos anos sesenta, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Curmán de José Lameiro Bermúdez. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse con Clemente Vidal e o seu curmán, e cando a Garda Civil rodeou a súa casa para detelo en setembro, enfrontouse con eles e logrou fuxir. Pasou a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na guerra civil. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1937.[1] Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina. Finou en Buenos Aires nos anos sesenta, vítima dun accidente de tráfico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Región, 6-2-1937, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ortega Prada, Alfonso (2007). Memorias. Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-03-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Benigno Lameiro Bermúdez na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego como Benigno Lameira Bermúdez.
- Benigno Lameiro: El izquierdista de A Veiga que acabó vendiendo chicles en Buenos Aires