Benedicta Bello Pernas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1908 Candia, España |
| Morte | 16 de febreiro de 1996 Lugo, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | xastra |
María Benedicta Bello Pernas, nada en Candia en 1908 e finada en Lugo o 16 de febreiro de 1996,[1] foi unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rexentaba o oficio de xastra xunto co seu home, Manuel Ferreiro Lamas, e deixaron Mondoñedo para trasladarse a Bretoña, onde montaron o seu negocio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 1 de xuño de 1937, acusada xunto seu home de "rebelión militar" por axudar a fuxir o alcalde Victoriano Mateo Hombreiro ofrecéndolle vivenda e alimentos durante o tempo que permaneceu oculto.[2] Xulgada na causa 535/37, foi condenada a reclusión perpetua no consello de guerra celebrado en Lugo o 30 de xullo de 1937. Pasou polas prisións de Saturrarán, en Guipúscoa, e despois pola de Palma.[3][4] A súa condena foi reducida a oito anos e, en 1945, saíu en liberdade condicional.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuel Ferreiro Lamas e foi nai de Alejandrina, Enriqueta e Dora Ferreiro Bello.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-2-1997, p. 79.
- ↑ 2,0 2,1 Lugo, El Progreso de (2020-04-13). "Benedicta Bello, condeada a reclusión perpetua en 1937, lembrada na Pastoriza". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-11-24.
- ↑ "Expediente procesual de María Benedicta Bello Pernas". www.europeana.eu (en inglés). Consultado o 2024-11-24.
- ↑ "Maria Benedicto Bello pernas". Consultado o 2024-11-24.
- ↑ Benedicta Bello Pernas na base de datos do proxecto Nomes e voces.