Benedetta Carlini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benedetta Carlini
Nacemento1591
 Vellano
Falecemento1661
 Pescia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrelixiosa cristiá e monxa
editar datos en Wikidata ]

Benedetta Carlini, nada en 1591 e finada en 1661, foi unha monxa católica italiana, mística e lesbiana, que viviu durante a contrarreforma en Italia durante os séculos XVI e XVII. Judith Brown narrou a súa vida en Immodest Acts (1986), onde discute os acontecementos que a levaron a acadar importancia para os historiadores da espiritualidade das mulleres e do lesbianismo. A dramaturga e directora canadense Rosemary Rowe escribiu unha peza sobre o seu caso coa irmá Bartolomeu, Benedetta Carlini: Lesbian Nun of Renaissance Italy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benedetta Carlini naceu nunha familia de clase media italiana, que lle conseguiu unha praza no convento da Madre de Deus, en Pescia. Con trinta anos Benedita foi elixida abadesa do convento, pero, a continuación, relatou unha serie de visións perturbadoras en que os homes estaban tentando matala. Temendo que a Irmá Benedita estaba sendo asediada polo demo, as outras irmás mandaron á irmá Bartolemea que fose á súa cela. Aínda que deixou de ter visións perturbadoras, seguiu recibindo visitas sobrenaturais.

Isto chamou a atención do papado da contrarreforma, determinado a facer calar os místicos potencialmente problemáticos se amosaban sinais de espiritualidade independente ou "heréticas". Malia que fixeron tres ou catro visitas ao convento, non foi ata que interrogaron a Irmá Bartolemea que descubriron que Benedetta e Bartolemea eran amantes. Segundo Bartolemea, Irmá Benedetta quería facer o amor con ela, e ambas as dúas experimentarían as epifanías místicas que a Irmá Benedetta describira.

Segundo Brown, o que levou a Benedetta á súa caída final e prisión, foi máis o egoísmo có lesbianismo. Con todo, a declaración de Bartolemea foi suficiente para que Benedetta fose despoxada do cargo de abadesa e recluída os restantes 35 anos da súa vida (finou en 1661, mentres que a irmá Bartolomea o fixera en 1660).

Interpretación alternativa[editar | editar a fonte]

E. Ann Matter, unha erudita relixiosa feminista, ten unha perspectiva alternativa sobre o caso de Benedetta Carlini, e escribiu sobre iso no Journal of Homosexuality en 1990. Comparou e contrastou dous relatos autobiográficos de Benedetta Carlini e outro da mística italiana do século XVII Maria Domitila Galluzzi de Pavia. Tanto Carlini como Galluzi autodesignáronse visionarias e eran altamente consideradas polas súas comunidades relixiosas e seculares, pero cada unha foi obxecto de sospeita e un exame minucioso pola xerarquía da igrexa. Os textos do xuízo de Benedetta Carlini relatan por riba os contactos sexuais con Bartolomea, mentres María Domitila Galluzzi parece non ter experiencias sexuais na súa propia estrutura mística. O artigo de Matter cuestiona se acaso puideron simplemente sucumbir á tentación de traspor a auto-comprensión sexual de figuras históricas do pasado. O concepto de "monxa lésbica" pode ser demasiado simplista como descrición, pois ao igual que Maria Galluzzi, a sexualidade de Benedetta Carlini podería estar vencellada a unha conexión orgánica entre o espiritual e o sensual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Judith Brown: Immodest Acts: The Life of A Lesbian Nun in Renaissance Italy (1986)
  • E.Ann Matter: "Discourses of Desire: Sexuality and Christian Women's Visionary Narratives" en Journal of Homosexuality: 18/89(1989–1990): 119 - 132