Bend It Like Beckham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bend It Like Beckham
Ficha técnica
Título orixinalBend It Like Beckham
DirectorGurinder Chadha
ProdutorGurinder Chadha
Deepak Nayare
GuiónGurinder Chadha
Guljit Bindra
Paul Mayeda Berges
IntérpretesParminder Nagra
Jonathan Rhys Meyers
Keira Knightley
Archie Panjabi
Shaznay Lewis
Anupam Kher
Preeya Kalidas
MúsicaCraig Pruess
FotografíaJong Lin
MontaxeJustin Krish
EstudioBritish Sky Broadcasting
British Screen Productions
Helkon Media AG
DistribuidoraRedbus Film Distribution (RU)
Fox Searchlight Pictures (USA)
EstreaFlag of the United Kingdom.svg 12 de abril de 2002
Flag of the United States.svg 1 de agosto de 2003
Duración112 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
India India
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroRomance, drama
Orzamento$6.000.000 (estimado)
Recadación$76.583.333[1]

Bend It Like Beckham é un filme dirixido por Gurinder Chadha que foi estreado no 2002. Está protagonizado por Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys Meyers, Anupam Kher, Shaznay Lewis e Archie Panjabi. O título do filme fai referencia ó xogador de fútbol David Beckham e á súa habilidade de marcar nos tiros de falta "dobrando" o balón sobre a barreira de defensa.

O filme conta a historia dunha moza de dezaoito anos de orixe punxabí en Londres. É unha apaixonada do fútbol pero os seus pais prohíbenlle xogar porque é unha rapaza.

Argumento[editar | editar a fonte]

Os pais de Jess (Parminder Nagra) queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só desexa xogar ó fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ó equipo feminino local. Os seus pais non entenden porqué xoga ó fútbol no canto de estudar Dereito. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo rapaz, o seu adestrador Joe (Jonathan Rhys Meyers).

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2002: Nomeadao ós Premios BAFTA: Mellor filme británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bend It Like Beckham (2002)". Box Office Mojo. IMDB. Consultado o 26 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]