Bencilpenicilina
| Bencilpenicilina | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| C₁₆H₁₈N₂O₄S | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |

Azul=nitróxeno; vermello=oxíxeno; amarelo=xofre
gris=carbono e enlaces do carbono; branco=hidróxeno.
Nome IUPAC: ácido (2S,5R,6R)-3,3-dimetil-7-oxo-6-(2-fenilacetamido)-4-tia-1-azabiciclo[3.2.0]heptano-2-carboxílico
A bencilpenicilina, tamén coñecida como penicilina G (PenG)[2] ou BENPEN,[3] é un antibiótico usado para tratar varias infeccións bacterianas.[4] Entre estas están a pneumonía, a farinxite esteptocócica, a sífilis, a enterocolite necrotizante, a difteria, a gangrena gasosa, a leptospirose, a celulite e o tétano.[4] Non é un axente de primeira liña contra a meninxite pneumocócica.[4] Debido á biodispoñibilidade limitada da bencilpenicilina para as medicacións orais, xeralmente adminístrase en inxeccións en forma de sal de sodio, potasio, benzatina ou procaína.[5] A bencilpenicilina adminístrase por inxección intravenosa ou intramuscular.[6] Dúas formas de acción longa son a benzatina bencilpenicilina e procaína bencilpenicilina, que están dispoñibles só para o seu uso por inxección intramuscular.[4]
Os efectos secundarios son diarrea, convulsións e reaccións alérxicas incluíndo a anafilaxe.[4] Cando se usa para tratar a sífilis ou a enfermidade de Lyme pode producirse unha reacción coñecida como de Jarisch–Herxheimer.[4] Non se recomenda en persoas cunha historia de alerxia á penicilina.[4] O uso durante o embarazo é xeralmente seguro no caso da penicilina e medicamentos da clase dos β-lactámicos.[4]
A bencilpenicilina é unha das medicinas da Lista de medicinas esenciais da OMS.[7]
Usos médicos
[editar | editar a fonte]Potencia antimicrobiana
[editar | editar a fonte]Como antibiótico, a bencilpenicilina ten efectividade principalmente contra bacterias grampositivas. Algunhas bacterias gramnegativas, como Neisseria gonorrhoeae e Leptospira weilii tamén se informou que son sensibles á bencilpenicilina.[8]
Efectos adversos
[editar | editar a fonte]Os efectos adversos poden consistir en reaccións de hipersensibilidade, como urticaria, febre, dor articular, erupcións, anxioedema, anafilaxe ou reacción da enfermidade do soro. Raramente se produce toxicidade no sistema nervioso central, incluíndo convulsións (especialmente con altas doses ou en afectacións renais graves), nefrite intersticial, anemia hemolítica, leucopenia, trombocitopenia e trastornos de coagulación. Tamén se informou de diarrea (incluíndo colite asociada a antibióticos). A bencilpenicilina ten unha toxicidade relativamente baixa, excepto no sistema nervioso, no cal é un dos fármacos máis activos entre os axentes β-lactámicos.[5] Ademais, a bencilpenicilina é un potencial irritante da pel e pode causar dificultades para respirar se se inhala.[9]
As concentracións séricas de bencilpenicilina poden monitorizarse por probas microbiolóxicas tradicionais ou por técnicas cromatográficas máis modernas. Tales medicións poden ser útiles para evitar a toxicidade no sistema nervioso central en persoas que reciben altas doses do fármaco de maneira crónica, pero son especialmente relevantes en pacientes con insuficiencia renal, que poden acumular o fármaco debido a taxas de excreción urinaria reducidas.[10][11]
Fabricación
[editar | editar a fonte]A bencilpenicilina prodúcese por fermentación de Penicillium chrysogenum.[9] A produción de bencilpenicilina supón a fermentación, recuperación e purificación da penicilina.[12]
O proceso de fermentación na produción de bencilpenicilina crea o produto. A presenza do produto en solución inhibe a reacción e reduce a velocidade e rendemento da formación de produto. Así, para obter a maior cantidade de produto e incrementar a velocidade da reacción, este é extraído continuamente.[13] Isto faise mesturando o mofo con glicosa, sacarosa, lactosa, amidón ou dextrina, nitrato e sales de amonio, licor de millo, peptona, extracto de carne ou de lévedo, e pequenas cantidades de sales inorgánicos.[14]
A recuperación da bencilpenicilina é a parte máis importante do proceso de produción porque afecta os pasos de purificación final se se fai incorrectamente.[12] Hai varias técnicas usadas para recuperar a bencilpenicilina: a extracción acuosa en dúas fases, a extracción en membrana líquida, a microfiltración e a extracción de solvente.[12]
No paso de purificación, a bencilpenicilina sepárase da solución de extracción. Isto faise normalmente usando unha columna de separación.[15]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dexter DD, van der Veen JM (1978). "Conformations of penicillin G: crystal structure of procaine penicillin G monohydrate and a refinement of the structure of potassium penicillin G". Journal of the Chemical Society, Perkin Transactions 1 3 (3): 185–190. PMID 565366. doi:10.1039/p19780000185.
- ↑ Flaherty DK (2012). "Immunogenicity and Antigenicity". Immunology for Pharmacy. Mosby. ISBN 978-0-323-06947-2.
A penicilina natural (PenG), a penicilina resistente á penicilinase (meticilina), a penicilina de espectro ampliado (amoxicilina), e a penicilina de espectro amplo (carbenicilina) teñen todas o mesmo núcleo de anel β-lactámico, que é esencial para a actividade antimicrobiana.
- ↑ "Australian Product Information – BENPEN" (PDF). Seqirus Pty Ltd.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. (2009). WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. pp. 98, 105. ISBN 978-92-4-154765-9. hdl:10665/44053.
- 1 2 Castle SS (2007). "Penicillin G". En Enna SJ, Bylund DB. xPharm: The Comprehensive Pharmacology Reference. Nova York: Elsevier. pp. 1–6.
- ↑ "Penicillin G Injection - FDA prescribing information, side effects and uses". www.drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2016.
- ↑ World Health Organization model list of essential medicines: 21st list 2019. Xenebra: World Health Organization. 2019. hdl:10665/325771. WHO/MVP/EMP/IAU/2019.06. License: CC BY-NC-SA 3.0 IGO.
- ↑ "Penicillin G" (PDF). Toku-E. 2010-10-10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-03. Consultado o 2012-06-11.
- 1 2 "Benzylpenicillin". Molecule of the Week. American Chemical Society. Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ Fossieck Jr B, Parker RH (outubro de 1974). "Neurotoxicity during intravenous infusion of penicillin. A review". Journal of Clinical Pharmacology 14 (10): 504–12. PMID 4610013. doi:10.1002/j.1552-4604.1974.tb01364.x.
- ↑ Baselt R (2008). Disposition of Toxic Drugs and Chemicals in Man (8ª ed.). Foster City, CA: Biomedical Publications. pp. 1195–1196.
- 1 2 3 Liu Q, Li Y, Li W, Liang X, Zhang C, Liu H (febreiro de 2016). "Efficient Recovery of Penicillin G by a Hydrophobic Ionic Liquid". ACS Sustainable Chemistry & Engineering 4 (2): 609–615. Bibcode:2016ASCE....4..609L. doi:10.1021/acssuschemeng.5b00975.
- ↑ Barros J (4 de xaneiro de 2016). "Use Extraction to Improve Penicillin G Recovery". Discover Chemistry. American Chemical Society. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ "Separation and Purification of Pharmaceuticals and Antibiotics" (PDF). Mitsubishi Chemical Corporation. pp. 312–324.
- ↑ Saino Y, Kobayashi F, Inoue M, Mitsuhashi S (outubro de 1982). "Purification and properties of inducible penicillin beta-lactamase isolated from Pseudomonas maltophilia". Antimicrobial Agents and Chemotherapy 22 (4): 564–570. PMC 183794. PMID 6983856. doi:10.1128/AAC.22.4.564.
- ↑ Robinson FA (xullo de 1947). "Chemistry of penicillin". The Analyst 72 (856): 274–276. Bibcode:1947Ana....72..274R. PMID 20259048. doi:10.1039/an9477200274.
- ↑ "Penicillin G". PubChem. National Center for Biotechnology Information, National Library of Medicine. Consultado o 2020-12-26.