Baluchistán (rexión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beluchistán»)
Modelo:Xeografía políticaBaluchistán
Imaxe

Nomeado en referencia aBalúchis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°53′00″N 64°25′00″L / 28.88333, 64.41667Coordenadas: 28°53′00″N 64°25′00″L / 28.88333, 64.41667

Territorio habitado por baluchis en rosa (ano 1980).

Baluchistán[1] é unha rexión de Asia, repartida entre tres países: o oeste de Baluchistán pertence a Irán (provincia de Sistán e Baluchistán); o norte pertence a Afganistán; e a parte leste, á provincia paquistaní de Baluchistán.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

No nordeste da rexión elévanse os montes Sulayman, que marcan os límites entre o Baluchistán e o Punjab, en Paquistán. Esta cadea montañosa en forma de arco culmina no pico de Kalifat, de 3487 m de altura, ó leste de Quetta. Estas montañas ábrense cara a chaira de Kacchi a través do porto de Bolan, paso histórico dos comerciantes que facían o traxecto entre Oriente Medio e o subcontinente indio. Na zona descubríronse numerosos xacementos arqueolóxicos antigos (Cultura do val do Indo).

Ao sueste, a cadea montañosa de Khirtar esténdese ata o deserto de Makrán que ocupa a zona costeira do Golfo de Omán. Para rematar, cara ao leste o territorio acaba na fronteira de Karachi, que foi a primeira capital de Paquistán, co chamado "cemiterio de barcos".

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.