Bellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bellón (do francés billon, tronco de árbore —e diñeiro en argot—; do latín medieval billia tronco da árbore)[1] é unha aliaxe de prata e cobre.

Tipos e usos[editar | editar a fonte]

Se o metal que predomina é a prata, dicimos bellón rico, no caso de predominar o cobre, bellón pobre. Utilizouse principalmente para facer moedas e medallas en épocas con escaseza de metais nobres e de devaluación monetaria.

O uso máis extenso do bellón foi na antiga Grecia e na Idade Media. Por exemplo, durante os séculos VI e V a. C. algunhas cidades da illa de Lesbos utilizaban moedas feitas dun 60% de cobre e un 40% de prata. No medievo o contido de prata baixaba, entre un 25% ou un 20% contiña.

En períodos de inflación, como no século III na Roma ou durante as revoltas de 1620 no imperio dos Habsburgo, as moedas de prata, a causa da redución constante e gradual do contido de prata, acaban sendo moedas de bellón.

Xeralmente en numismática utilizouse o término bellón para referirse directamente ao anaco de metal empregado para cuñar a moeda independentemente da súa composición.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. bille2 no TLF.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]