Saltar ao contido

Bel Ami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bel Ami
 Título
   Bel-Ami (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Movemento
 Ambientado en
 Obra derivada
Bel Ami (en) Traducir
Bel Ami (en) Traducir
Bel-Ami (en) Traducir
Bel Ami (en) Traducir
Bel Ami (en) Traducir
Bel ami (en) Traducir
Bel Ami (pt) Traducir
Bel Ami (en) Traducir
Bel-Ami (pt) Traducir
Bel Ami (pt) Traducir
The Private Affairs of Bel Ami (en) Traducir
Bel-Ami (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Ilustrador/a
Datas
 Fundación / creación
1885 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1885 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Une Vie (en) Traducir (1883 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Mont-Oriol (pt) Traducir (1886 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Goodreads2879086 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL24154963W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03l3xf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bel Ami é unha novela realista do escritor francés Guy de Maupassant, publicada en 1885. A acción do relato desenvólvese en París durante a Terceira República Francesa.

A novela reconstrúe a ascensión de Georges Duroy, un home ambicioso, manipulador e sedutor sen escrúpulos, arribista et oportunista, empregado na oficina dos Ferrocarrís do Norte e que consegue ascender até o cumio da pirámide social parisiense. Sobre o pano de fondo da expansión colonial, Maupassant describe as estreitas relacións entre o capitalismo, a política e a prensa, así como a influencia das mulleres, desposuídas de vida política e que actúan na sombra educando e asesorando.

A obra preséntase como unha pequena monografía satírica da prensa parisiense, na medida en que Maupassant comunica de maneira implícita a súa experiencia como reporteiro.

A novela aparece inicialmente en forma de folletín no diario Gil Blas, antes de ser publicada en volume pola editorial Victor Havard. As edicións Ollendorff lanzan a primeira edición ilustrada en 1895. Bel-Ami é unha das obras narrativas que máis teñen cativado a guionistas e cineastas internacionais.

Lista de personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Georges Duroy (Du Roy), antigo soldado, xornalista e trepador social.
  • Charles Forestier, antigo compañeiro de armas de Duroy, xornalista.
  • Madeleine Forestier (Du Roy), esposa de Charles e máis tarde de Georges, que axuda os seus maridos a redactar os artigos e conta con numerosas conexións entre os poderosos.
  • Monsieur Laroche-Mathieu, amigo de Madeleine Forestier, deputado e posteriormente ministro, que debe o seu cargo e repentina riqueza a La Vie Française; amante de Madeleine Forestier.
  • Conde de Vaudrec, vello amigo e protector —e probablemente tamén amante ou pai descoñecido— de Madeleine Forestier (Du Roy).
  • Clotilde de Marelle, amiga dos Forestier; o seu marido pasa longas tempadas fóra. Principal amante de Duroy.
  • Laurine de Marelle, a súa filla pequena, que inventa o alcume Bel Ami.
  • Jacques Rival, xornalista.
  • Norbert de Varenne, poeta vello, solteiro e desencantado, integrante da redacción de La Vie Française.
  • Monsieur Walter, propietario e director de La Vie Française.
  • Virgine Walter, a súa esposa, máis tarde amante de Duroy.
  • Suzanne Walter, a súa filla casadeira, posteriormente Madame Du Roy.
  • Rachel, prostituta á que Georges recorre nos momentos de crise económica.