Saltar ao contido

Belén Funes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelén Funes

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3678007 Twitter: _belenfunes_ Instagram: belen__funes BNE: XX5493427 Editar o valor en Wikidata

Belén Funes, nada en Barcelona en 1984, é unha directora cinematográfica española.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou dirección en ESCAC e cursou en Cuba un mestrado en escritura de ficción na EICTV.

En 2015 debutou como directora coa curtametraxe Sara a la fuga, estreada no Festival de Málaga, onde gañou a Biznaga de Prata a Mellor Director e Mellor Curtametraxe.

A súa segunda curta, La inútil (2017), foi nomeada a Mellor Curtametraxe nos Premios Gaudí. En 2018, foi seleccionada para o Talent Lab de TIFF, onde desenvolveu o guión da súa primeira longametraxe, La hija de un ladrón, que se estreou no Festival de San Sebastián e gañou varios premios, incluíndo tres Premios Gaudí e o Premio Goya á Mellor Dirección Novel.[2][3][4]

O título da súa longametraxe Los Tortuga, provén desas persoas que, sobre todo nas décadas dos 60, 70 e durante as Olimpíadas do 92, migraron desde Andalucía a cidades do norte como Barcelona.[5]

  1. Mostra Films Dones (ed.). "Belén Funes" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 2020-01-20. 
  2. Serra, Xavi (2020-01-20). Ara, ed. "Belén Funes, la filla de Ripollet que va tenyir els Gaudí de realitat". Consultado o 2020-01-20. 
  3. Bettonica, Toni Polo (2020-01-20). El País.cat, ed. "La debutant Belén Funes s'emporta tres Gaudí per ‘La hija de un ladrón'". Consultado o 2020-01-20. 
  4. "Belén Funes gana el Goya a mejor dirección novel" (en castellà). 25 gener 2020. Consultado o 28/1/2020. 
  5. Madrid, Carlos (2025-05-21). "Belén Funes: “Cuantos más cineastas haya que sepan lo que es pagar un alquiler, más historias que cuenten los problemas de vivienda habrá”". lamarea.com (en castelán). Consultado o 2025-05-25.