Bei Shizhang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bei Shizhang
Bei Shizhang 1930.jpg
Nacemento10 de outubro de 1903
Lugar de nacementoZhenhai District
Falecemento29 de outubro de 2009
Lugar de falecementoPequín
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterUniversidade de Tubinga e Tongji University
Ocupaciónbiólogo, político e biofísico
PremiosAcademician of the Chinese Academy of Sciences
editar datos en Wikidata ]

Bei Shizhang (chinés simplificado: 贝时璋; chinés tradicional: 貝時璋; pinyin: Bèi Shízhāng), nado o 10 de outubro de 1903 no distrito de Zhenhai e finado o 29 de outubro de 2009, foi un biólogo chinés que traballou no programa espacial do seu país.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bei Shizhang graduouse no programa de premedicina da Escola Médica Alemá de Tongji (hoxe en día Universidade de Tongji) en 1921, doutorándose en ciencias naturais pola Universidade de Tübingen (Alemaña) en 1928. Foi elixido membro da Academia Sinica en 1948 e da Academia China de Ciencias en 1955. Entre 1958 e 1983 foi o primeiro director do Instituto de Biofísica da Academia China de Ciencias, do que foi fundador, e primeiro decano do departamento de biofísica da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China. Levou a cabo estudos sobre os efectos da radiación nos seres vivos e foi un dos tres expertos que formularon os primeiros plans para o programa espacial tripulado chinés, en 1966. Finou o 29 de outubro de 2009 no seu fogar en Pequín.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Bei Shizhang" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Institute of Biophysics, Chinese Academy of Sciences, ed. (30 de outubro de 2009). "Obituary, Shizhang Bei, 106, Beijing, China" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Rui Liu e Qin Yao (2018). "Bei Shizhang and the establishment of the first Department of Biophysics in China" (PDF). Cultures of Science (1): 73–91. Consultado o 2 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]