Behati Prinsloo
(2020) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de maio de 1988 Vanderbijlpark |
| Altura | 180 cm |
| Peso | 53 kg |
| Cor dos ollos | Abelanado |
| Cor do pelo | Cabelo loiro escuro |
| Actividade | |
| Ocupación | modelo |
| Representante | Storm Management (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Adam Levine (2014–) |
| Fillos | Dusty Rose Levine, Gio Levine, Sumner Levine |
Behati Prinsloo, nada en Vanderbijlpark (Suráfrica) o 16 de maio de 1988,[1][2][3] é unha supermodelo e activista namibia. En 2008, converteuse en modelo contratada por Pink, e pasou a ser un dos "Anxos" de Victoria's Secret en 2009.[4] Desfilou en nove Victoria's Secret Fashion Show (2007–2015; 2018–presente). Abriu os espectáculos Victoria's Secret Fashion de 2014 e 2015.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1988 en Vanderbijlpark, Suráfrica, e medrou na cidade namibia de Grootfontein dende os tres anos de idade. É filla de Louis François "Boet" Prinsloo, que é ministro do cristianismo protestante, e de Magda Rossouw, que atendía un bed and breakfast.[6]
A súa familia é africáner e Prinsloo criouse co afrikaans como lingua materna, aínda que estudou en inglés.[7]
Con 16 anos foi descuberta por un fotógrafo nun supermercado de Cidade do Cabo. O fotógrafo deulle unha tarxeta da axencia Storm para que ela a visitase. Unha semana máis tarde, Prinsloo visitou a axencia e creou o seu primeiro portafolio. A fundadora da axencia, Sarah Doukas viu as súas fotos e levouna a traballar como modelo en Londres.[6][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Behati Prinsloo". People. People. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ people (ed.). "behati turns 30".
- ↑ "behati 30". people.
- ↑ AskMen (ed.). "Behati Prinsloo". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2013.
- ↑ "New Mom Behati Prinsloo Says She'll Return to the Victoria's Secret Fashion Show Next Year". 27 de novembro de 2016.
- 1 2 Fashonista (1 de abril de 2009). "Life with Behati Prinsloo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2017.
- ↑ Fashion interviews (18 de xullo de 2006). "Behati Prinsloo Interview" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2017.
- ↑ LA times (22 de decembro de 2013). "THVM line is a natural fit for model Behati Prinsloo" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Behati Prinsloo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Behati Prinsloo na IMDb (en inglés).